Páxinas

mércores, 17 de maio de 2023

 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023


Boas ratiños e ratiñas!! Leo e Páxina estamos moi emocionados de poder celebrar o noso primeiro...


Día das LETRAS GALEGAS!!


Sabedes por qué celebramos este día?

Pois para poñer en valor a nosa lingua e as súas manifestacións literarias. A nosa língua é importante así como tamén todo o traballo que se fai usándoa. 

Escolleuse o 17 de maio para a conmemoración xa que así rememoramos a primeira edición do libro "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.

Cada ano nestas datas lembramos a un escritor ou escritora que apostara pola difusión do galego cos seus escritos e traballos.

Neste 2023, o homenaxeado é Francisco Fernández del Riego: escritor, político e editor.






Deixámosvos unha ligazón ao Seminario Galán onde atoparedes moita información sobre este personaxe, así como actividades moi interesantes sobre a súa figura.





 


No Rosalía fixemos unha exposición sobre a efeméride das Letras Galegas







Ningún comentario:

Publicar un comentario