¡Boas ratiñ@s!
Estos días estivemos realizando no centro, diferentes talleres de entroido durante a hora do patio. Os nenos e nenas estiveron moi animados e houbo un gran número de participantes. Xa sabemos que este tipo de actividades causan moito furor entre eles, por iso, un ano máis seguimos con este obradoiro de pulseiras e antifaces co que traballan a creatividade. Esta actividade foi creada en colaboración co equipo de Polos creativos, xa que fixeron os antifaces grazas a cortadora laser.











Ningún comentario:
Publicar un comentario