Páxinas

mércores, 11 de marzo de 2026

PUBLICIDADE ENGANOSA

 

            ¡Bo día!

               Como xa todos sabemos, en moitas ocasións, a publicidade que vemos ou escoitamos nos diferentes medios de comunicación é enganosa, inducindo a un erro ao consumidor. Coa finalidade, de que o noso alumnado aprenda a identificar aqueles elementos da publicidade que poden ser erroneos  e así formalos en consumidor@s responsables, elaborouse dende Polos creativos en colaboración  co equipo de biblioteca, esta actividade de investigación. 

   Nun primeiro paso, ensinóuselle ao alumnado de 4º a 6º de educación primaria, cales son elementos a analizar nos anuncios e algúns trucos que empregan na publicidade. Logo, levaron á práctica o aprendido e analizaron anuncios. Todo isto o podedes escoitar directamente das voces das protagonistas, porque fixeron un podcast no que explican toda a actividade. Animádevos a escoitalo e a seguir a nosa canle Rosaliía nas Ondas, en Ivoox.

























Ningún comentario:

Publicar un comentario