¡Bo día¡
Esta semana, o alumnado de 6º de educación primaria, recibiu unha interesante charla promovida polo Equipo de Benestar e Convivencia. Dita charla tratou sobre o uso seguro de internet e atópase dentro do programa Navega con Rumbo.
Durante a sesión, explicaron que é internet, que riscos podemos atopar na rede e sobre todo, como evitalos. Tamén aprendemos consellos e ferramentas moi útiles para facer un uso responsable das redes sociais e da tecnoloxía no noso do día a día. Unha actividade moi necesaria e importante para seguir navegando con seguridade.





















































