DIPLOMAS DE COLABORADORES E COLABORADORAS
Ratiños e ratiñas:
Achegámonos xa ao remate do curso e a biblioteca vai finalizando a súa actividade.
Por elo, dende toda a comunidade educativa, recoñecemos o traballo do alumnado de sexto curso, como colaboradores e colaboradoras de xeito voluntario, na xestión e uso da biblioteca:
Eles e elas recibiron formación para tal fin:
No tempo de recreo rexistraban os préstamos e devolucións de fondos na aplicación informática do Meiga.
Xestionaban os ordenadores velando por un bo uso dos mesmos, so para fins educativos.
Mantiveron en orden os fondos e mobiliario da biblioteca.
Foron encargados de que o clima dentro da biblioteca fose, ordenado, acolledor e invitase á investigación e a lectura.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación no bo funcionamento da biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario