ANIVERSARIO DO COLEXIO: 50 ANOS
Qué tal ratiños e ratiñas?
Neste curso tócanos facer unha celebración moi especial: O cole Rosalia de Castro cumple...
50 ANOS!!!!!
Para celebralo organizamos e participamos nunha chea de actividades coas que recordar outros tempos, e deixar pegada destes nos que estamos:
Primeira comida de confraternización de antigos alumnos e mestres do cole. Colocación da primeira placa na zona de parking.
Participación na exposición da Camelia organizada polo Concello cunha composición lembrando o 50 aniversario.
A rapazada desfrutou nunha gran festa: participando nun concerto do fenomenal BRAIS DAS HORTAS
Xogando a xogos populares e saltando nas colchonetas
Merendando pastel de Aniversario.
O profesorado acudeu a un acto institucional, inaugurando unha placa conmemorativa por parte do Conselleiro de Educación Román Rodríguez, acompañado polo alcalde de Padrón, inspectores de educación, antigos directores e directoras do centro e profesorado antigo e actual do mesmo.
Remataron a xornada cunha comida conxunta.
A compañeira mestra Teté del Río elaborou tamén un mural conmemorativo e alusivo a Rosalia, a que da nome ao colexio.
Dende a asignatura de música elaboraron unha canción a modo de himmo oficial.
No corredor da entrada instalouse unha exposición de materiais antigos que teñen que ver coa docencia.
Un dron realizou varias tomas aéreas do colexio actual para facer unha montaxe.
Fíxose unha fotografía conmemorativa coa primeira promoción de alumnado do Rosalía (adultos que agora teñen ao redor de 60 anos) e o alumnado máis novo que chegou este ano ao centro, os compañeiros e compañeiras de 4º de infantil que teñen tres anos de idade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario