Páxinas

venres, 29 de marzo de 2019

AXENDA CULTURAL PARA ESTA FIN DE SEMANA

INVITÁMOSVOS A PARTICIPAR NESTAS ACTIVIDADES QUE SE LEVARAN A CABO NO CONVENTO DO CARME EN PADRÓN.

TAMÉN PODEDES ACUDIR AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA, QUE TEN MOITAS ACTIVIDADES INTERESANTES.

(SE PREMEDES NESTA IMAXE PODEDES ACCEDER AO PROGRAMA COMPLETO)




ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DA FIN DE SEMANA.

luns, 25 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA E DA AUGA

A semana pasada conmemoramos no cole o Día da Poesía (21 de marzo)  e o Día da Auga (22 de marzo) colocando no corredor do colexio un expositor con libros sobre a auga e un mural con obras famosas que previamente contaminamos con plásticos, tentando de crear conciencia da contaminación dos nosos mares e ríos. 


















Ademais unindo a poesía co tema da auga, colocamos diversos poemas con esa temática pola entrada do colexio e no corredor do colexio escoitouse o CD de "A música da auga".



Unhas nenas de 5° leron nas "Contadas da Biblioteca" uns poemas do libro 
"Chove nos versos".








mércores, 20 de marzo de 2019

MOCHILA VIAXEIRA PARA AS FAMILIAS

  ESTA SEMANA PUXEMOS A ANDAR A MOCHILA VIAXEIRA PARA AS FAMILIAS.






OS INTERESADOS EN LEVAR PARA A CASA DITA MOCHILA QUE LLO FAGAN SABER AOS SEUS TITORES OU TITORAS.
TAMÉN PODEN DEMANDALA ACHEGÁNDOSE A BIBLIO.ROSALÍA NO HORARIO DE TARDE.


MOITAS GRAZAS.

PREMIOS RETO 4

 ESTA SEMANA FIXEMOS ENTREGA DOS PREMIOS AOS PARTICIPANTES NO RETO 4, DA BIBLIO.ROSALÍA: ENTROIDO NO MUNDO.




GRAZAS POR PARTICIPAR!!!

domingo, 10 de marzo de 2019

AXENDA CULTURAL MARZO

XA TEMOS AS NOVAS NO TABOLEIRO COA AXENDA CULTURAL DAS BIBLIOTECAS DA NOSA CONTORNA.


NO CONCELLO DE SANTIAGO E DE AMES ATOPAMOS DIFERENTES CONTACONTOS E ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN A LECTURA:





ANIMÁDEVOS!!! 


venres, 8 de marzo de 2019

8 DE MARZO DENDE A BIBLIO.ROSALIA

TRALAS VACACIÓNS DE ENTROIDO, TOCOU CONMEMORAR O DÍA 8 DE MARZO,
DÍA DA MULLER.
DENDE A NOSA BIBLIOTECA CREAMOS UN RECUNCHO CON LIBROS QUE TEMOS NA BIBLIOTECA SOBRE MULLERES IMPORTANTES, INTRÉPIDAS, PIONEIRAS...


DEIXAREMOS DITO RECUNCHO, QUE SE ATOPA NA ENTRADA DO COLEXIO, UNHA TEMPADA



ESPERAMOS QUE O DISFRUTEDES E O APROVEITEDES Ó MÁXIMO.

domingo, 3 de marzo de 2019

MAIS COUSAS POLO DÍA DE ROSALÍA

O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL CREOU UNHAS CARETAS QUE LEVARON PARA A CASA CONMEMORANDO O DÍA DE ROSALÍA.





ADEMAIS COA PROFE MARÍA (MESTRA DE APOIO) E A PROFE PATI (MESTRA DE AL) INTERPRETARON A CANCIÓN "ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES" CON LINGUA DE SIGNOS.


venres, 1 de marzo de 2019

PONENCIAS DE ENTROIDO NA BIBLIO.ROSALÍA

Esta semana de Entroido foi moi especial na Biblio.Rosalía. Puidemos gozar dunhas ponencias nas que nos explicaron como se vive o entroido noutras partes do mundo e de Galicia.

O luns  visitáronnos membros da comparsa "Mázcaras da Xironda" que nos explicaron onde é A Xironda, unha aldea de Ourense no concello de Cualedro, e como se vive o seu entroido, cun traxe tradicional de mais de 100 anos "A Mázcara", recuperada fai 14 anos pola asociación de entroido da Xironda.




Ademais de facer a exposición na biblioteca, foron a correr o entroido polo patio. 





E despois do recreo visitaron educación infantil.








Tamén desfrutamos coa explicación do entroido en Louisiana polo auxiliar de conversa do cole Mitch. Falounos de como se festexa alí o "carnival", a música que soa, comida típica, cores...





O mércores foi o turno da profe Martina Esperante que nos explicou o entroido na comarca do Ulla, falándonos do traxe e o entroido dos Xenerais da Ulla.
Para elo contou coa axuda de Manolo (o bedel do cole) que se vestiu o traxe para que Martina nos puidera explicar todos os detalles.









Outro día  nos visitou a mamá dunhas nenas de 4° de Educ.  Primaria e de 6° de Educ. Infantil que é do Brasil, Eli Lima, que nos contou como se festexa alí o entroido.
O "Carnaval de Brasil" está cheo de cor, purpurina e baile (o baile típico é a "Samba").



E por último desfrutamos da explicación feita polo alumnado de 4°B e a súa mestra Xela Casas que nos contaron como se festexa o entroido noutra parte de Galicia, en Laza, contándonos como é o seu traxe tradicional chamado "Os Peliqueiros de Laza".
Trala explicación, invitaron os nenos asistentes a ponencia a colorear unha mascara de peliqueiro coa mascota da biblioteca: Siria.








Moitas Grazas a todos por facer esta semana de entroido tan especial na nosa biblioteca, permitindo aos nenos e nenas coñecer outros entroidos, algo que lles axudará a hora de participar no 3°Reto da biblio.rosalia.
Moitos nenos e nenas xa participaron:


 E os que ainda non o fixeron 

ANIMÁDEVOS!!!
Tendes ata o LUNS 11 de Marzo