Páxinas

martes, 19 de xaneiro de 2016

Xaneiro de contacontos

As nenas e nenos do CEIP Rosalía de Castro volveron do Nadal con moitas ganas de contar contos. Aquí tedes a Sheila, de 5ºA, co conto "Mariluz Avestruz".








Aquí tedes a Maruxa de 6ºB cun conto que lle encantaba de pequena, "A casa da mosca chosca".





Agora pasamos ao conto dos 3 porquiños con 3 magníficos lectores; Nuno (5ºA), Fabián (5ºB) e David (5ºA). Os clásicos sempre triúnfan!







Laura e Marta (5ºA) repetiron experiancia como contacontos. Esta vez trouxéronnos o conto "El Rebaño". 





Martín (5ºA) sorprendeunos co libro "Os sete cabritos". Os clásicos nunca defraudan e máis se se contan tan ben como o fixo Martín.









Por outra banda tivemos uns dos voluntarios de biblioteca máis entregados. Valentín e Mateo (6ºB) leron o orixinal conto "La guerra de los números".




Bruno e Lucas fixéronlles entrega dos diplomas. 



Esta semana tivemos unha grande presenza feminina na biblioteca. Comezamos con Sandra e Nadia (6ºA) que nos leron Ranilda.






O mércores tivemos o grupo máis numeroso ata agora. Andrea, Jimena, Ana e Nerea léronnos un clásico: Tres Osos. Escoitándoas aínda parece que estea agora vendo riciños de ouro diante das tres cuncas de papas. Ñam, ñam. Que fame!