Páxinas

domingo, 23 de decembro de 2018

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL

Dende a BIBLIO.ROSALIA recomendámosvos estes libros.
Esperamos que vos gusten.






CONTACONTOS NA BIBLIOTECA E OUTRAS ACTIVIDADES

Durante esta semana tivemos diferentes contacontos na biblioteca.

Mans unidas xunto a Daniel un dos dinamizadores do Proxecto da horta escolar, viñeron o xoves e nos contaron un conto ao alumnado de infantil, 1°,2° e 3° de educación primaria.




O venres ademais da visita dos Reis Magos disfrutamos dun taller de xogos populares e dun contacontos na biblioteca, a cargo do grupo de animación infantil Biosbardos.

sábado, 22 de decembro de 2018

ENTREGA DE PREMIOS DO RETO DE NADAL

Durante o mes de decembro na biblioteca tiñamos plantexado un reto sobre:
PERSONXES NAVIDEÑOS DO MUNDO.

 Os nenos e nenas do cole tiñan que coller no expositor do reto a seguinte folla e investigar sobre as personaxes de nadal.


Foron moitos os participantes que dedicaron un tempo no recreo ou no tempo da biblioteca a participar no reto.

Alumnado de 5°B de educación infantil da profe Paula.


Alumnado de 2° A de educación primaria da profe Martina.




A todos eles, por teres participado no reto, se lles agasallou cun mini libro de personaxes de Nadal.


Alumnado de 2º de Educación Primaria

Alumnado de 5ºB de Educ. Infantil e 4ºB de Educ. Primaria.

Estes son algúns dos traballos realizados e o minilibro que se lles entregou.

Noraboa!!!

xoves, 20 de decembro de 2018

OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL

HOXE XOVES 20 DE DECEMBRO NA HORA DO RECREO, NA BIBLIOTECA, LEVARON A CABO OS ALUMNOS/AS DE 5° UN OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL.

cartel publicitario da actividade.

FOI MOITO O ALUMNADO QUE SE ACHEGOU A BIBLIOTECA E DESFRUTOU DO OBRADOIRO.




POLAS SÚAS CARAS CREMOS QUE O PASARON XENIAL!!!

martes, 11 de decembro de 2018

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA


HOXE, MARTES 11 DE DECEMBRO TIVEMOS UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS NA BIBLIOTECA.

MARTA (UNHA MAMÁ MONITORA DO COMEDOR ESCOLAR) LLES CONTOU DOUS CONTOS, NA HORA DO RECREO DO COMEDOR, AO ALUMNADO DE INFANTIL, 1º E 2º.





PASÁRONNO DE MARAVILLA E GUSTARÍANOS QUE FORA UNHA ACTIVIDADE QUE CONTINUARA LEVÁNDOSE A CABO DURANTE TODO O CURSO.

SE ALGÚN PAPÁ, MAMÁ, AVO, AVOA, ALUMNO, ALUMNA OU PERSOA DA COMUNIDADE EDUCATIVA SE ANIMA A SER CONTADOR DE CONTOS, PODE INSCRIBIRSE  POÑENDO UN COMENTARIO NO BLOGUE OU PREGUNTANDO NO COLEXIO.
MOITAS GRAZAS.

luns, 10 de decembro de 2018

CONTACONTOS NO CEE A BARCIA


O 3 de decembro, día internacional de persoas con discapacidade, o alumnado de 6° foi o CEE de A Barcia.
Alí levaron a cabo unha sesión de contacontos, pero antes disfritaron duns xogos de presentación.


Logo levaron a cabo a sesión de contacontos.
Un grupo interpretou caracterizados o conto "Corre, corre cabaciña"


O outro grupo interpretou con monicreques o conto de 
"Os chivos chivóns".


Noraboa compañeiros de 6°, esperamos que disfrutárades moito no
 CEE de A Barcia e eles con bos.

sábado, 8 de decembro de 2018

1ª REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA LIBRO ABERTO

O MARTES 4 DE DECEMBRO PÚXOSE A ANDAR O CLUBE DE LECTURA DA NOSA BIBLIOTECA, 
.


O ALUMNADO INTERESADO EN PARTICIPAR EN DITA ACTIVIDADE ACHEGOUSE NA HORA DO RECREO AO ESPAZO ADICADO AO CLUBE E VIVIU A PRIMEIRA REUNIÓN.






OS ENCARGADOS DA ACTIVIDADE (RAMÓN E SHEILA) EXPLICÁRONLLE AS NORMAS E EN QUE CONSISTÍAN AS REUNIÓNS DO CLUBE DE LECTURA. 

A PRÓXIMA REUNIÓN SERÁ O RECREO DO MARTES 18, ONDE PODERÁN FALAR DOS LIBROS QUE ESTÁN LENDO E FACER ALGUNHA RECOMENDACIÓN PARA O NADAL.




venres, 7 de decembro de 2018

ENTREGA DOS AGASALLOS DO RETO 1:QUE CHE DA MEDO EN PADRÓN

 A SEMANA PASADA ENTREGÁMOSLLE UN AGASALLO AOS PARTICIPANTES NO RETO 1 DA BIBLIOTECA TITULADO: 

O AGASALLO FOI UN MARCAPÁXINAS
  MONSTRUOSO, QUE CREMOS QUE LLES GUSTOU MOITO AOS PARTICIPANTES.







DEIXÁMOSVOS UNHA MONTAXE COS TEXTOS E FOTOS DOS LUGARES QUE LLE DAN MEDO AOS NOSOS ALUMNOS E ALUMNAS.






martes, 4 de decembro de 2018

RETO LITERARIO 2: PERSONAXES NAVIDEÑOS

NESTE MES DE DECEMBRO GUSTARÍANOS QUE INVESTIGÁRADES QUE PRESONAXES NAVIDEÑOS HAI NO MUNDO.
PARA ELO TEDES QUE CUBRIR A FOLLA QUE ESTÁ NO EXPOSITOR DO RETO LITERARIO DE NADAL.


COA VOSA AXUDA CREAREMOS UN LIBRO DOS DIFERENTES PERSONAXES NAVIDEÑOS.

MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.



EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

O XOVES LEVOUSE A CABO UNHA DEMOSTRACIÓN DE EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS NA BIBLIOTECA.


FOI O ALUMNADO DE 5º O ENCARGADO DE LEVAR A CABO A DEMOSTRACIÓN.
NA HORA DO RECREO PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA.

E NA 4ª HORA PUIDERON DISFRUTAR DE DITOS EXPERIMENTOS O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, QUE SUBIRON A BIBLIOTECA E EXPERIMENTOU  CON ESTE TALLER DE CIENCIAS NA BIBLIOTECA.

CON DITA ACTIVIDADE REMATA O MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO.

DURANTE ESTE MES, MOITOS OUTROS ALUMNOS FORON A BIBLIOTECA A TRABALLAR COA CIENCIA, BUSCAR INFORMACIÓN E REALIZAR DIFERENTES INVESTIGACIÓN, QUE ESPERAMOS QUE SIGAN FACENDO DURANTE TODO O CURSO.

O alumnado de 5° de Educación Infantil traballando a noción de peso na biblioteca.




O alumnado de 4° B de Educación Primaria realizando experimentos na aula trala consulta de información na biblioteca.







domingo, 2 de decembro de 2018

CLUBE DE LECTURA:LIBRO ABERTO

COMEZA A ANDAR O CLUBE DE LECTURA DA BIBLIOTECA DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO, QUE LEVA POR NOME "Libro aberto".


ESTE CLUBE DE LECTURA PRETENDE SER UN ESPAZO ONDE SE COMPARTAN OS INTERESES LECTORES DOS SEUS PARTICIPANTES, SE RECOMENDEN LIBROS, SE FALE DE LECTURAS E SE FOMENTE O AMOR POLOS LIBROS.

RAMÓN E SHEILA DE 5° SERÁN OS DINAMIZADORES DE DITA ACTIVIDADE E OS ALUMNOS E ALUMNAS QUE SE QUEIRAN APUNTAR PODERÁN FACELO O MARTES DÍA 4 DE DECEMBRO NO ESPAZO EXTERNO DA BIBLIOTECA.


 UN SAÚDO E ANIMÁDEVOS A SER MEMBROS DO CLUBE.