VISITAS NA BIBLIO
Hoxe tivemos unha nova visita na biblio.
Acompañounos Juan Pedro Blanco Mira "Juampe", un aventureiro de Brión que decidiu un día coller a súa bicicleta e sair a explorar o mundo sen máis equipaxe que a súa tenda de campaña, un saco de durmir e unha botella para ducharse.
Juampe falounos e amosounos paisaxes que visitou coa sua bicicleta, coma os Alpes, animáis que atopou no seu camiño, (chegou case a Turquía!!!) e falounos de como é viaxar só e case sen nada, convertíndose esta aventura nunha experiencia de supervivencia case extrema.
Tamén plasmou a sua ruta e vivencias nun libro que por suposto está a vosa disposición na biblio.
Entusiasmounos a historia de Juampe, fixémoslle unha chea de preguntas e aprendemos unha morea de cousas interesantes.
Lembrade que podedes seguir as súas aventuras na súa canle de Youtube, ou no perfil de Instagram MundoSinRumbo.
Grazas Juampe!!