Páxinas

venres, 24 de marzo de 2023

 NOVAS ACTIVIDADES NA BIBLIO


Ola ratiños e ratiñas!!!     Qué tal estades?? 

Somos Leo e Páxina, e esta e a nosa primeira publicación no blog.

Queremos ensinarvos unha actividade moi interesante que fixemos na biblioteca para coñecer a unha cineasta muller que foi pioneira na súa materia. Así coñecemos a vida e traballo de Alice Guy, da man dela mesma.





Hoxe comezamos as Contadas da biblio. Unha actividade que se suspendeu por mor da pandemia, e finalmente retomamos da man dunhas alumnas de quinto. Este primeiro Contacontos foi dirixido aos cursos de primeiro e segundo, e o relato escollido foi o clásico Cocorico

Velaquí o recuncho preparado:








Logo tamén escoitamos a súa canción.







 NOVAS MASCOTAS II


Qué tal ratiños e ratiñas??

Estades comezando a coñecer a Leo e a Páxina, xogar con eles e ata facerlle debuxos.

Esta é a miña última publicación, a partir de agora, Leo e Páxina comunicaranse con vós neste blogue.

Encantoume ser a vosa mascota, aprender e medrar con vos.

Vémonos nos contos!!!!!



























mércores, 22 de marzo de 2023

 NOVAS MASCOTAS


Ei, ratiños e ratiñas: hoxe traiovos unha nova moi especial:

Mirade o que atopamos na biblio!!!


Son dous novos amigos: Leo e Páxina, dous canciños aos que lle encanta leer, investigar, aprender e xogar, e fixéronme unaha proposta moi interesante: queren ser as novas mascotas da biblio do Rosalía.

Estiven dacordo nesa idea así que eu, Siria, voume adicar a viaxar polo mundo, coñecer moitas historias, e aprender moito. Estarei en contacto con Leo e Páxina para que eles vos trasmitan toda a información que irei recopilando.

Déixovos nas aulas a miña cartiña de despedida e a presentación dos novos amigos.




Mentres desfrutade e aprendede moito con Leo e Páxina.

Vémonos polo mundo, amigos e amigas!!!






martes, 21 de marzo de 2023

 DÍA DA POESÍA


Ola ratiños e ratiñas!!

Aquí estamos dende a biblio, traéndovos unha nova conmemoración:


O DÍA DA POESÍA




Esta efeméride celébrase o 21 de marzo a proposta da UNESCO co obxectivo de apoiar a diversidade linguística a través da expresión poética e fomentar a visibilización de aquelas que están en perigo.

É unha ocasión para homenaxear aos poetas e poetisas, promover a lectura, escritura e ensino da poesía e revivir as tradicións orais dos recitais de poesía.

Na nosa biblio poderedes atopar un montón de obras poéticas para ler e desfrutar. Expuxemos no corredor unha mostra dos nosos fondos poéticos. E lembrade que...

NIN UN DÍA SEN POESÍA!!






mércores, 8 de marzo de 2023

 DÍA DA MULLER 8 M.


Ei, ratiños e ratiñas!!!




FELIZ DÍA DA MULLER!!!

Déixovos por aquí unhas fotos da mesa expositora con diferentes materiais para traballar o día da muller.

Lembrade que tedes a biblio á vosa disposición para atopar moita información e recursos relacionados con este día.

Desfrutade do día!!!






Recomendacións bibliográficas





Tamén podedes consultar as actividades que organiza o concello para este día



mércores, 1 de marzo de 2023

 CHARLAS NA BIBLIO


Qué tal ratiños e ratiñas?

Como sabedes, xunto co Concello e o CEIP Flavia, organizamos unha charla sobre o tema da coeducación e a igualdade.

Foi un pracer escoitar ao Profesor Jorge García Marín, experto nesta temática.

Dende a biblio colaboramos en todo o necesario para levala a cabo, aínda que o espazo físico foi no auditorio do concello , xa que permite un aforo maior que as bibliotecas dos centros.

Agardamos que todos os asistentes desfrutarades e reflexionarades con esta actividad, e estamos abertos a propostas para organizar máis cousas interesantes.