Páxinas

martes, 31 de marzo de 2020

#euquedonacasa CONTACONTOS

ESTA SEMANA RECIBIMOS VARIOS CONTACONTOS PARA O RECUNCHO DAS "CONTADAS" dende a casa.

HOXE CONVÉRTESE EN CONTADORA DE CONTOS JIMENA SANDIÁS AUTRAN (4º DE EDUCACIÓN INFANTIL) QUE COA SÚA NAI, MARÍA AUTRÁN, CONTOUNOS O CONTO TITULADO
"UN BECHO ESTRAÑO"

A DISFRUTAR:




TAMÉN PODEDES ESCOITAR ESTE  CONTO-MUSICADO MONTADO E INTERPRETADO POLA MESTRA DE MÚSICA LIDIA GIL DIZ DO CRA DE MONTERREI-EN VERÍN, MOITAS GRAZAS LIDIA😉




luns, 30 de marzo de 2020

#euquedonacasa CONTACONTOS

COMEZAMOS A SEMANA CUN CONTACONTOS FEITO POLO ALUMNADO DO CEIP Ponce de León, QUE SIGNARON O CONTO: "SOY UN PUNTO"
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.


TAMÉN VOS DEIXAMOS UNS VIDEOS CON MÚSICA PARA MOVERNOS UN POUCO E FACER ALGO DE EXERCICIO.




XA FORON CHEGANDO NOVOS CONTACONTOS PARA O RECUNCHO DAS "CONTADAS dende a casa"
 E TRABALLOS DOS PARTICIPANTES NO RETO LITERARIO 4: MARZO MES DA POESÍA.
 FAREMOS UNHA ENTRADA COS TRABALLOS DOS PARTICIPANTES A FINAIS DA SEMANA.




sábado, 28 de marzo de 2020

#euquedonacasa RETO 4. MARZO, MES DA POESÍA

RECORDOVOS QUE AINDA ESTADES A TEMPO DE PARTICIPAR NO RETO 4 DA biblio.rosalia.


DEIXOVOS UN PDF CON DIFERENTES FOLLAS SOBRE AS QUE PODEDES ESCRIBIR E DEBUXAR O VOSO POEMA E... 


O ENLACE A UN BLOGUE ONDE SE RECOLLEN MOITAS RIMAS COAS QUE PODEDES FACER A VOSA COMPOSICIÓN.





venres, 27 de marzo de 2020

#euquedonacasa CONTOS E XOGOS

HOLA AMIGOS!!!

HOXE ACHÉGOME AS VOSAS CASAS DENDE ESTA FIESTRA E TRAIOVOS UNS CONTOS ARREDOR DO QUE ESTÁ PASANDO ESTES DÍAS NO NOSO PLANETA.
FAI CLIK EN SIRIA E LEVARÁCHE A UN ENLACE ONDE ATOPAREDES 
MOITOS CONTOS SOBRE ESTE TEMA.

ESPERO QUE VOS SIRVAN PARA ENTENDER QUE É OU QUEN É O CORONAVIRUS.






ADEMAIS DEIXOVOS UN XOGO ELABORADO POR:Sergio Espuelas del Río
(do CRA Tierras Altas, en Soria)
ESPERO QUE VOS ENTRETEÑADES MOITO XOGANDO CON ÉL E...


MOITO ÁNIMO

xoves, 26 de marzo de 2020

#euquedonacasa CONTACONTOS

HOXE CONVERTENSE EN NARRADORES DE CONTOS ICÍA CARREIRA MARTÍN(4º E.I)ENZO CARREIRA MARTÍN (1ºB E.P.), QUE NOS TRAEN UN CONTO MOI DIVERTIDO PARA DISFRUTAR DENDE AS NOSAS CASAS NO RECUNCHO DAS 
"CONTADAS" dende a casa.

O CONTO TITÚLASE:
A QUE SABE A LÚA?



MOITAS GRAZAS FAMILIA POR MANDARNOS OS VOSOS CONTACONTOS!!!
ENZO ESTASE CONVERTENDO NUN EXPERTO NARRADOR DE CONTOS, E ICIA APRENDE RÁPIDO DO SEU IRMÁN MAIOR.

DESPOIS DE ESCOITAR O CONTACONTOS DESTES CAMPEÓNS DEIXOVOS UNHA CANCIÓN DO CONTO.






mércores, 25 de marzo de 2020

#euquedonacasa CONTACONTOS

HOXE CONVERTENSE EN NARRADORES DE CONTOS NOA SANTANA SIXTO (4º E.I)E XOEL SANTANA SIXTO (5ºB E.P.), QUE NOS TRAEN UN CONTO TRADICIONAL PARA DISFRUTAR DENDE AS NOSAS CASAS NO RECUNCHO DAS 
"CONTADAS" dende a casa.




PODEDES DESCARGAR ESTES MONICREQUES DE CARAPUCHIÑA E O LOBO E EMPREGALOS NAS CASAS PARA CONTAR O CONTO.


ADEMAIS DEIXOVOS UNHA CANCIÓN EN GALEGO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA DO ESPECTÁCULO MUSICAL "CARAPUCHIÑA VERMELLA" DE EducaTeatro Producións® .

E O CORTO DE  DISNEY  CON CARAPUCHIÑA, OS TRES PORQUIÑOS E O LOBO:





martes, 24 de marzo de 2020

#euquedonacasa CONTACONTOS


CONTOS NO RECUNCHO DAS 
"CONTADAS" dende as casas.

HOXE TÓCALLE O TURNO A ICÍA REBOIRAS CARBAJAL DE 1ºA




ADEMAIS DEIXOVOS UNHA CANCIÓN PARA QUE VOS ANIME O DÍA E QUE VOS ENCHA DE VIDA E FORZA. 


"CHEA DE VIDA" GUADI GALEGO



luns, 23 de marzo de 2020

#euquedonacasa CONTACONTOS

POUCO A POUCO CHEGANNOS VÍDEOS DO NOSO ALUMNADO QUE SE ANIMA A CONVERTERSE EN CONTADORES DE CONTOS NO RECUNCHO DAS 
"CONTADAS" dende as casas.

HOXE TÓCALLE O TURNO A ENZO CARREIRA MARTÍN DE 1ºB


DEIXOVOS PARA BAILAR ESTA CANCIÓN DE UXIA LAMBONA E A BANDA MOLONA A VER SE LLE PASA A FAME A ESE LOBIÑO.


SEGUIDE MANDANDO OS VOSOS CONTACONTOS E PARTICIPANDO NOS RETOS DA BIBLIOTECA.





domingo, 22 de marzo de 2020

@#euquedonacasa 22 de Marzo DÍA DA AUGA

HOXE CONMEMÓRASE O 


É O PRINCIPAL OBXECTIVO DE DITA CONMEMORACIÓN É CREAR CONCIENCIA NOS HOMES E MULLERES DA IMPORTANCIA DE COIDAR O CHAMADO OURO LÍQUIDO PARA A VIDA DOS SERES HUMÁNS E AS DIFERENTES ESPECIES NA TERRA.

O VIDEO MUSICAL DE HOXE TEN QUE VER COA CONMEMORACIÓN DESTA DATA:



E UN CONTO NO RECUNCHO DAS 
"CONTADAS" DENDE A CASA.






ADEMAIS ACHÉGOVOS UNHA SELECCIÓN DE CONTOS QUE TEMOS NA BIBLIO.ROSALÍA ARREDOR DESTE TEMA:



sábado, 21 de marzo de 2020

#euquedonacasa 21 de Marzo DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES E DA POESÍA

HOXE 21 DE MARZO CELÉBRASE O:



DENDE A biblio.rosalía QUERÍAMOS AUNAR DITAS CONMEMORACIÓNS E TÍÑAMOS PREPARADO UN RETO LITERARIO PARA O NOSO ALUMNADO.
 AINDA QUE NON ESTAMOS NO COLE, PROPOÑÉMOSVOS PARTICIPAR EN DITO RETO, QUE CONSISTE:



ÁNIMO E A PARTICIPAR.


O VIDEO DE HOXE TEN QUE VER COA TEMÁTICA DO RETO:







venres, 20 de marzo de 2020

#euquedonacasa 20 de marzo Equinoccio de PRIMAVERA

HOXE COMEZA A ESTACIÓN DA 

 DEIXÁMOSVOS UN POUCO DE INFORMACIÓN:


 Deixovos un video onde nolo explican mellor.


E animádevos a participar no recuncho das "CONTADAS" da biblio.rosalía converténdovos  en contadores de contos.

(premendo no debuxo de Siria vos recordamos as bases)

 HOXE É A PROFE MARÍA (COORDINADORA DA BIBLIOTECA)A ENCARGADA DE CONTARNOS UN CONTO.

 E DEIXÁMOSVOS TAMÉN UNHA CANCIÓN PARA BAILAR E DESFRUTAR.






xoves, 19 de marzo de 2020

#euquedonacasa DÍA DO PAI

HOXE DÍA DO PAI QUEREMOS DENDE A biblio.rosalía   FELICITAR A TODOS OS PAPÁS ADICÁNDOLLE O CONTO E A CANCIÓN DE HOXE.

"P de papá" 




E ADEMAIS DEIXÁMOSVOS UN RECORDO CUN VIDEO DO PROGRAMA DA TVG GALICIA VIVA QUE GRABARON NO NOSO COLE O DÍA DO PAI DE 2018.





mércores, 18 de marzo de 2020

#euquedonacasa CONTACONTOS

O equipo de biblio do  CEIP ROSALÍA DE CASTRO queremos que durantes estes días, que temos que estar na casa, o pasedes da mellor forma posible. Por iso vos iremos poñendo diferentes cancións, enlaces e actividades para pasar estes días algo entretidos.
Comezamos un contacontos e unhas cancións para disfrutar da tarde de hoxe.





Ademais propoñémosvos que vos convertades en contadores de contos, e levar así o recuncho das "CONTADAS" da biblio.rosalía, as vosas casas.
Como podedes participar?


MOITAS GRAZAS E MAÑAN VOLVÉMONOS A VER CON MAIS NOVIDADES NA BIBLIO.ROSALÍA.






luns, 16 de marzo de 2020

eBIBLIO: LIBROS ONLINE

PODEDES ACCEDER A ESTA WEB eBiblio,DE SERVIZO DE PRÉSTAMO DE  LIBROS ELECTRÓNICOS.



PARA QUE ESTES DÍAS NA CASA,OS PASEDES ENTRETIDOS LENDO. 

#orosalíaficanacasa

sábado, 14 de marzo de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA ESTES DÍAS SEN COLEXIO

DENDE A BIBLIO.ROSALÍA QUEREMOS OFRECERVOS ACTIVIDADES PARA FACER DURANTE ESTES DÍAS DE CUARENTENA.
PREMENDO NA IMAXE ACHEGÁDEVOS A UNHA PÁXINA WEB ONDE DISFRUTAR DOS LIBROS EN FAMILIA, CON LECTURAS E ACTIVIDADES.



#YOMEQUEDOENCASA

venres, 13 de marzo de 2020

#8M 2020

SEGUIMOS EXPOÑENDO OS TRABALLOS FEITOS NO COLE ARREDOR DA CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE.

GRAZAS A GUADI GALEGO POLA MÚSICA DE MATRIARCAS QUE PUXEMOS NESTE VIDEO.

luns, 9 de marzo de 2020

Escola de Pais/Nais e Plan Director para as familias

Na biblio.rosalia estamos levando a cabo diferentes charlas tanto para o alumnado  como para as suas familias.
Dentro da Escola de Pais/Nais, xa levamos varias ponencias, moi interesantes para a nosa comunidade educativa.

Ponencia sobre "Alimentación e Celiaquia" a cargo da Asociación de celiaquía de Santiago de Compostela, que nos informaron moi ben do que é a enfermidade celuaca e nos deron diferentes folletos e contos para traballar a celiaquía e ter unhas pautas de actuación.



Ponencia sobre  "Educación en igualdade e Coeducación", da man de Jorge García Marín, profesor da universidade de Santiago de Compostela.






Ponencia sobre "Disciplina positiva, normas e límites" a cargo de Mercedes Urbiola, licenciada en pedagoxía.







Ponencia para as familias acerca das "Novas Tecnoloxías"  onde nos informaron sobre o uso de internet e do teléfono polos nosos fillos, como pode afectar na súa educación, que precaución hai que ter no uso das novas tecnoloxías por parte dos nenos e nenas, cando é a idade recomendable para empregar o móvil, entre outras cousas.






Esperamos poder seguir disfrutando de ditas charlas e Escola de Pais/nais se a pandemia na que nos atopamos nolo permite.


domingo, 8 de marzo de 2020

Plan Director para o alumnado

Púxose en marcha o "Plan director". Este plan consiste nunhas charlas informativas por parte da Garda Civil ao alumnado de 5º e 6º e as familias do colexio. Os temas, que se desenrolarán ao longo de 4 semanas son: " Novas tecnoloxías", "Alcohol e drogas", "Violencia de Xénero" e "Acoso escolar".

Na charla sobre as "Novas tecnoloxías", faláronnos do uso de internet, redes sociais e perigos:







Na charla de "Prevención drogas e alcohol" informáronnos dos problemas  do uso de drogas e alcohol






Na charla de "Violencia de Xénero" deronnos unhas pautas de que é a violencia de xénero e como se pode facer para vivir en convivencia.





E na charla de "Acoso escolar" fixéronnos ver que é o acoso escolar e como previlo e axudar a que non se de no noso ambiente educativo.


Agora comezarán as charlas para as familias.


8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, ORIXINALMENTE COÑECIDO COMO O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA, CONMEMÓRASE CADA 8 DE MARZO E FOI RECOÑECIDO POLA ONU  COMO UNHA XORNADA PARA REIVINDICAR A IGUALDADE E FACER BALANCE SOBRE A SITUACIÓN DAS MULLERES NA SOCIEDADE.



DENDE A BIBLIO.ROSALÍA FIXEMOS UNHA SELECCIÓN DE LIBROS PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER, QUE ESTÁ NA ENTRADA DO COLEXIO.







ENTRE A SELECCIÓN DE LIBROS DEIXAMOS UN RECUNCHIÑO PARA ROSALÍA DE CASTRO, UNHA MULLER MOI IMPORTANTE PARA O NOSO CENTRO, E COA AXUDA DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA CREAMOS UNHA EXPOSICIÓN CUNS POSTERS DE MULLERES GALEGAS IMPORTANTES (DA EDITORIAL LELA)



PRONTO VOS MOSTRAREMOS MAIS COUSAS QUE ESTAMOS FACENDO NO COLE PARA CONMEMORAR ESTA DATA, PERO DEIXÁMOSVOS UNHA SELECCIÓN DE CONTOS E VIDEOCLIPS RELACIONADAS COA CONMEMORACIÓN DESTA DATA.