Páxinas

xoves, 25 de febreiro de 2016

Día de Rosalía 2016

Onte, 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía. O alumnado do centro compartiu algunha verba da célebre autora galega pegando post-its nun póster que se expuxo na biblioteca do centro.

Se queredes saber máis sobre a actividade clicade no seguinte vídeo.




sábado, 6 de febreiro de 2016

Febreiro de Contacontos

Un novo mes na biblioteca do Rosalía de Castro e os nosos lectores e lectoras seguen a amenizar os recreos.

Comezamos con Nadia e Iria G. (6º A) que o pasado 3 de febreiro nos deleitaron con "Chocolata" e todo isto en pixama. :D
Menudos ataques de risa!!!






Seguimos con Miguel e Mateo (6º Primaria) co seu conto "Simios". Resulta que non somos tan diferentes deses curmáns lonxanos. 





Os sempre sorrintes Mateo e Miguel de 6º de Primaria volveron á infancia cun clásico, "Las vacaciones del pollito chippy".




Ángela e Daniela de 3º A fixeron de encargadas improvisadas da biblioteca e entregáronlles os merecidos diplomas. 





Maruxa repite unha vez máis no contacontos, esta vez tráenos un conto en castelán: "El piojo Rastrojo".






Unha das lecturas máis agardadas foi a de Isaac (5ºA). Tróuxonos un libro que nos recorda que debemos loitar por conseguir facer realidade os nosos soños. Haberá veces que os demais non nos entendan, pero se algo nos gusta de verdade temos que facelo. Isto é o que aprendemos do conto "Oliver Button es un nena".