Páxinas

luns, 11 de decembro de 2017

Debuxa o teu monstro




Boolino e Combel Editorial convídannos a participar nun concurso nacional.
Se tes entre 7 e 12 anos e queres participar, deberás debuxar o monstro BAILE (ou BALL), un ser bailón que será o novo amigo da pandilla de monstros.


 

sábado, 9 de decembro de 2017

Reto 4: NADAL/ CHRISTMAS



COÑECES ALGÚN CONTO ONDE O PROTAGONISTA SEXA PAPÁ NOEL?




ACHÉGATE A BIBLIOTECA, BUSCA E PARTICIPA.

sábado, 2 de decembro de 2017

PARTICIPACIÓN NO RETO 2, DÍA DAS BIBLIOTECAS

A PARTICIPACIÓN NO 2º RETO PLANTEXADO NA BIBLIOTECA DO ROSALÍA DE CASTRO FOI TODO UN ÉXITO EN CANTO AO NÚMERO DE PARTICIPANTES.

MOITOS NENOS E NENAS QUIXERON APORTAR A SÚA VISIÓN DAS BIBLIOTECAS, MIRADE:


NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES POLOS SEUS DEBUXOS!!!

domingo, 19 de novembro de 2017

xoves, 2 de novembro de 2017

No Halloween e no Samaín, de medo tremín

Chegou o día e na biblioteca tamén o quixemos celebrar.

No tempo de recreo, entre xogos, medos e castañas (tamén algún castañazo 😕), visitáronnos as e os máis valentes.

Grazas por compartir connosco este momento de arrepío e sobresaltos.


martes, 31 de outubro de 2017

Reto 2- DIA DAS BIBLIOTECAS

 

A nosa proposta nesta ocasión consiste en investigar sobre as bibliotecas e, unha vez feito, imaxinar, deseñar e crear a vosa biblioteca ideal. 

Se pinchades no enlace poderedes ver unha biblioteca pouco habitual. Será como esa a vosa creación?

Biblioteca orixinal 

Este reto estará dispoñible ata o día 7 de novembro. 

 

Non esquezades poñer o voso nome e curso pola parte traseira do folio.

domingo, 15 de outubro de 2017

Reto 1- A TRADUCIÓN

Ao son do lema deste curso "Aprender a pensar coa biblioteca escolar", propoñerémovos cada mes un reto literario.
O primeiro deles mantívose tres semanas no seu recuncho, pero para que vexades o importante da publicidade, só tres persoas se animaron a participar no reto (había que traducir un fragmento do texto "O Principiño" ou "El Principito" ao balleno.


Mirade unha experta no tema:

 


Os traballos dos nosos expertos tradutores atópanse expostos na biblioteca, na porta do fondo.

Carta de Siria

domingo, 8 de outubro de 2017

Benvida!

Benvidos ao curso escolar 2017-2018.

Este ano dende a biblioteca do colexio Rosalía de Castro queremos darvos unha gran benvida e animarvos a que veñades visitar a biblioteca e a participar nas actividades que nela se organizan.
Esta é a nosa biblioteca:



E estes son os colaboradores que nela traballan durante os recreos:


Un saúdo