Páxinas

mércores, 28 de novembro de 2018

2ª QUEDADA LITERARIA DE OUTONO

O MARTES 27 DE OUTUBRO DISFRUTAMOS DA 
2ª QUEDADA LITERARIA DE OUTONO CO CEIP FLAVIA.

NESTA OCASIÓN, FORON OS COMPAÑEIROS DE 6º DO FLAVIA OS QUE NOS VISITARON E OFRECÉRONLLE UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS O NOSO ALUMNADO DE 1º.

l
TRALO CONTO, FORON OS NENOS E NENAS DE 1º DO COLEXIO ROSALÍA DE CASTRO OS QUE CONTARON DIFERENTES ADIVIÑAS QUE TIÑAN PREPARADAS AO ALUMNADO DE 6º.



AO REMATE DO INTERCAMBIO DE CONTACONTOS E ADIVIÑAS SACAMOS UNHA FOTO TODOS XUNTOS NA BIBLIOTECA.

FINALIZAMOS  A VISITA CUNHA MERENDA DE UNIÓN ENTRE O ALUMNADO DE 6º DOS DOUS COLEXIOS, NA QUE PUIDERON CONVERSAR SOBRE AS SÚAS IMPRESIÓNS ACERCA DA ACTIVIDADE DE CONTACONTOS E COÑECERSE UN POUCO MAIS.



ESPERAMOS QUE DISFRUTARAN DA EXPERIENCIA E POIDAMOS VOLVER A VIVIR UNHAS XORNADAS DE INTERCAMBIO DE CONTOS  NOUTRAS OCASIÓNS.


domingo, 18 de novembro de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

XA CHEGAMOS A MEDIADOS DE NOVEMBRO E É O MOMENTO DE POÑER EN MARCHA AS MOCHILAS VIAXEIRAS.

OS COLABORADORES E COLABORADORAS DE BIBLIOTECA FORON ENTREGAR ÁS DIFERENTES TITORIAS AS SÚAS MOCHILAS  ESTE VENRES.








 ESPERAMOS QUE LLES GUSTE O MATERIAL QUE INCLUÍMOS NELAS.

xoves, 15 de novembro de 2018

1ª QUEDADA LITERARIA DE OUTONO

O MARTES DESTA SEMANA PUIDEMOS VIVIR A 1ª QUEDADA LITERARIA CO CEIP FLAVIA.
PARA ELO O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA  DO NOSO COLEXIO ACHEGOUSE ATA O CEIP FLAVIA DANDO UN PASEO.

 ALÍ LEVARON A CABO UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS CO ALUMNADO DE 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA.


DESPOIS DE QUE CADA GRUPO CONTARA O SEU CONTO ESCOITARON CHISTES, ADIVIÑAS E ATA UNHA REGUEIFA FEITA POLO ALUMNADO DE 1º DESE COLEXIO.


ENCANTOULLES A EXPERIENCIA E COMPARTIR COS PEQUENOS A MAÑÁ.

PARA REMATAR A QUEDADA, FORON CONVIDADOS A UNHA MERENDA NO SEU COMEDOR.



DE VOLTA SACAMOS ESTA FOTO CRUZANDO A PONTE.

PRONTO RECIBIREMOS NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO  A VISITA DOS COMPAÑEIROS DE 6º DO CEIP FLAVIA, QUE LLE CONTARÁN UNS CONTOS O ALUMNADO DE 1º DO NOSO COLEXIO,  REMATANDO ESTA EXPERIENCIA.

CANDO NOS VISITEN COLGARÉMOLO AQUÍ.


martes, 13 de novembro de 2018

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA

    COMO BEN SABEDES, NOVEMBRO É O MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.


    NA NOSA BIBLIOTECA QUIXEMOS FACER VISIBLE OS MATERIAIS DE CIENCIA QUE TEMOS  E FIXEMOS UNHA EXPOSICIÓN CON LIBROS DE DITA TEMÁTICA.




ADEMAIS DURANTE ESTE MES FAREMOS ALGÚNS EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS E ACTIVIDADES MANIPULATIVAS CIENTÍFICAS NA BIBLIOTECA.

IRÉMOSVOS INFORMANDO

sábado, 10 de novembro de 2018

CHARLAS INFORMATIVAS



O día 8 de Novembro os alumnos de 3º,4º,5º e 6º puideron disfrutar dunha exposición de carteis e unha charla sobre plantas invasoras na biblioteca do colexio, converténdose a nosa biblioteca en espazo de apertura ao novo coñecemento e achegándose a todos os proxectos que teñen lugar no noso centro.
 A charla correu a cargo dun biólogo de ADEGA.  Todo ésto inscríbese no "Proxecto Ríos", proxecto que se puso en marcha no curso 2017- 2018 y que se está a continuar neste curso.



xoves, 1 de novembro de 2018

QUE BEN O PASAMOS NA SEMANA DO SAMAÍN!!!!

COMO PUIDÉCHEDES VER NA ENTRADA ANTERIOR, ESTA SEMANA DO SAMAÍN FOI CURTA PERO TÍÑAMOS PREPARADAS MOITAS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA.

ADEMAIS DO EXPOSITOR DE LIBROS DO SAMAÍN QUE XA FACÍA UNHA SEMANA QUE TIÑAMOS NO CORREDOR O LADO DA BIBLIOTECA,




E DA EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO CONCURSO ORGANIZADO POLO EQUIPO DE EXTRAESCOLARES,



PUIDEMOS DESFRUTAR  DE:

O LUNS NA HORA DO RECREO NA BIBLIOTECA: 
MÚSICA DE SAMAÍN  E MAGOSTO.
EMPREGAMOS PARA ELO ALGÚN VIDEO DE YOUTUBE COMO O DE CORRE, CORRE CABACIÑA OU O RAP DO MAGOSTO DO LIBRO DE  BRINCA VAI.






AQUÍ PODEDES VER AOS NENOS ESCOITANDO A MÚSICA E DESFRUTANDO COA ANIMACIÓN:




O MARTES NA HORA DO RECREO VIMOS:

  PELIS DE MEDO:

A BRUXA REGAÑADENTES




THE SKELETON DANCE


AQUÍ ESTÁN DESFRUTANDO DAS CURTAMETRAXES NA BIBLIOTECA:





E O MÉRCORES TIVEMOS UN TALLER DE MARCAPÁXINAS, PARA ELO CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE TRES ALUMNOS DE 5º: RAMÓN, MAURA E SHEILA, QUE FOROS OS ENCARGADOS DE DINAMIZAR O TALLER BAIXO A SUPERVISIÓN DOS MEMBROS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA.





COMO O MÉRCORES ERA A FESTA DO SAMAIN E DO MAGOSTO NO COLEXIO, DECIDIMOS FACER ESTE TALLER NO PATIO, XA QUE HABÍA OUTRA SORPRESA E NON NOLA QUERÍAMOS PERDER.


















A SORPRESA FOI A CARGO DO   ALUMNADO DE 6º (E COLABORADORES DA BIBLIOTECA) QUE  FIXERON UN  FLASHMOB NO PATIO CUBERTO COA CANCIÓN THRILLER, QUE PREPARARAN COA TEACHER FERNANDA.



ADEMAIS O ALUMNADO DE 4ºB, DA PROFE XELA, ASISTIU A UNHA CHARLA SOBRE O SAMAÍN NA BIBLIOTECA, A CARGO DO AVÓ DUN DOS SEUS COMPAÑEIROS, BREIXO, QUE LLES VEU FALAR DAS ORIXES DO SAMAÍN, DE COMO VALEIRABAN AS CABAZAS E POÑIAN VELAS DENTRO, E DE COMO VIVÍA O SAMAÍN NA SÚA INFANCIA, GASTANDO BROMAS ENTRE OS RAPACES, PINTÁNDOSE A CARA CON CINZAS...









PASÁMOLO XENIAL E GÚSTANOS MOITO PODER TER ESTAS VISITAS TAN ESPECIAIS NA NOSA BIBLIOTECA.