Páxinas

xoves, 25 de outubro de 2018

CELEBRACIÓN DO DÍAS DAS BIBLIOTECAS

      Esta semana celebramos o Día das Bibliotecas , que foi o 24 de outubro.
    Como o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional propón ás bibliotecas este ano é Poéticas diversas, na biblioteca do CEIP Rosalía de Castro quixemos achegar a poesía ao noso alumnado cun recitado de poesía na hora do recreo, a cargo dun grupo de alumnos de 5º de Educación Primaria.




                                        

      Ademais invitamos a todos os usuarios a decorar o seu mercapáxinas para levalo de agasallo decorado para a casa.
                      

                  Grazas a todos pola participación.


Tamés nesta semana os compañeiros de 4 anos B e de 2º A recitaron unhas poesías e adiviñas na biblioteca.
Estes son os videos que crearon:




Moitas grazas pola vosa aportación no Día das Bibliotecas Poéticas Diversas.



   



mércores, 17 de outubro de 2018

RETOS LITERARIOS PARA AS FAMILIAS

OLA FAMILIAS,

INVITÁMOSVOS A PARTICIPAR NOS RETOS DA BIBLIOTECA 
DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO.

COA VOSA PARTICIPACIÓN CREAREMOS UN PRODUCTO FINAL QUE COMPARTIREMOS CON TODOS VOS POSTERIORMENTE.

COMEZAMOS??



                                                       *A composición ten que ser nun folio DIN A 4.
                                   * Podedes participar en dita actividade ata finais de Novembro.

martes, 2 de outubro de 2018

Carta de Siria 1


BENVIDOS AO NOVO CURSO 2018-2019

OLA AMIGOS E AMIGAS:

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2018-2019. 
COMO SABEDES A BIBLIOTECA ESTIVO PECHADA DURANTE O MES DE SETEMBRO PARA PREPARAR TODAS AS COUSAS (NOVOS USUARIOS, REORGANIZAR OS ESPAZOS, FORMACIÓN DE COLABORADORES...), PERO DENDE ONTE XA ESTÁ ABERTA PARA QUE TODOS E TODAS POIDADES VIR NO RECREO E DISFRUTAR DELA.
PRESÉNTOVOS A ALGÚNS DOS NOVOS COLABORADORES DE BIBLIOTECA.


IDE VISITANDO O NOSO BLOGUE PORQUE IREIVOS CONVIDANDO A DIFERENTES ACTIVIDADES AO LONGO DO CURSO.

UN SAÚDO