Páxinas

venres, 21 de xuño de 2024

 FIN DE CURSO E DESPEDIDA


Ratiños e ratiñas lectores e lectoras:

Rematamos un curso máis as andainas da biblioteca do Rosalía coas súas mascotas Leo e Páxina.

 


 A modo de despedida, agasallamos aos colaboradores e colaboradoras na xestión e traballo desta biblioteca( alumnado de sexto de primaria), cuns diplomas conmemorativos e uns marcapáxinas.




Deixámosvos por aqui unas recomendacións de lecturas fresquiñas para o verán,  e ademáis non esquezades desfrutar dos xogos, a praia e a piscina, os viaxes e paseos, e as festas.

 



 



Moita sorte aos alumnos e alumnas que comezan unha nova etapa, e....


FELIZ VERÁN A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO!!!

 

Vémonos en setembro con moitas máis ganas de saber e leer!!!



xoves, 20 de xuño de 2024

 CONTRATO PROGRAMA IGUALA-T

A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.

En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:

  1. QUÉDA-T.
  2. IGUÁLA-T.
  3. CONVIVE-T.
  4. INCLÚE-T.
  5. EMOCIÓNA-T

A educación é clave para romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero así como para pór en valor a diversidade afectivo-sexual e de xénero e o respecto a todas as persoas. Os centros educativos desempeñan un importante papel no ámbito da coeducación dende as idades máis temperás, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado, axudándolles a identificar as desigualdades e colaborando na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Desenvolveranse accións que interveñan no fomento da coeducación, isto é, a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes; a prevención, a detección e o tratamento das violencias machistas; e a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e de xenero.

Partindo desto, no noso centro comezamos por unha formación do profesorado para coñecer a maneira de abordar esta temática dende o punto de vista pedagóxico-didáctico máis axeitado.


Tamén para coñecer toda a parte lexislativa e normativa que nos indica a necesidade e obligatoriedade de traballar a temática da igualdade, a inclusión e a vertente afectivo-sexual, comezando pola Ley de educación LOMLOE, e revisando todas as Ordes e Decretos relacionados coa temática.





Tamén promocionamos charlas-coloquio dirixidas as familias e a comunidade educativa en xeral, xa que ademáis foi unha demanda que xurdiu dende o Consello Escolar, elaboradas por profesionais acreditados en materias de igualdade de xénero e afectivo-sexuais.









Finalmente trasladamos ao alumnado todo o aprendido:

 Primeiro creando un espazo físico visible no centro que axude a ubicar ao alumnado información, materiais, libros, contos... e calquera cousa que puidera precisar neste senso.

Mercamos tamén novos fondos bibliotecarios para actualizar e mellorar os que xa tiñamos.







Segundo: comezamos a traballar co alumnado a través de:

Charlas de expertos





Entrevistas e debates con persoas do colectivo LGBTIQ+ coa finalidade de coñecer referentes positivos neste senso.





Contacontos, visualización de cortos, imaxes e sesións de debate, diálogo e reflexións co alumnado, tanto en galego como en inglés.















xoves, 6 de xuño de 2024

 PRESENTACIÓN DE LIBROS


Hoxe mércores 5 de xuño, a rapazada de sexto de infantil asistíu a través de videoconferencia á presentación do libro: "A abelliña que perdeu as ás"do poeta e escritor Ramón Romero Nogueira.

 


 Trátase dunha historia en clave de poesía, contada cun kamishibai, sobre unha pequena abella e os seus despistes. 

Despóis conversaron con él sobre animais do bosque galegos, abellas, e ensináronlle os libros que eles escriben tamén.