Páxinas

venres, 17 de outubro de 2025

MASCOTA DOS XOGOS OLÍMPICOS

      

            Ola ratiño@s! 

     Xa podemos contarvos, que no centro temos mascota oficial dos Xogos Olímpicos.  A gañadora foi Grei, mascota moi molona diseñada por Zoe, alumna de 5º de Educación Infantil. O equipo de biblioteca, grazas á axuda de Polos creativos, agasallouna cun chaveiro en forma de aros olímpicos.  Mostrámosvos a continuación o seu gran diseño.

 

 



 


 
                                             ¡¡¡Noraboa polo teu traballo Zoe!!!



 

 

 

  

luns, 13 de outubro de 2025

PROXECTO DE CENTRO

 

      ¡Ola familias!

             Como todos os anos, o centro vai  traballar un proxecto común, onde se decidiu que este curso escolar investigaremos e indagaremos sobre os........ 

 

                                                ¡¡¡¡¡XOGOS OLÍMPICOS!!!!!

 

             Como era de esperar, o equipo de biblioteca xa nos puxemos mans a obra decorando algún recuncho do centro

 


     

 e propoñendo a primeira actividade. Nesta proposta, o alumnado tivo que deseñar unha mascota olímpica, dende os pequenos ata os maiores sacaron a relucir o talento que levan dentro e crearon grandes ideas, mostrámosvos as súas creacións.

 

 













                                ¡Agardamos que vos guste tanto como a nós o tema do proxecto!

luns, 29 de setembro de 2025

RECUNCHO DE RECOMENDACIÓNS

 

           ¡Ola ratiñ@s!

                  Queriamos contarvos que temos unha novidade na biblioteca este ano, trátase do recuncho de recomendacións, onde os nen@s poden recomendar outros libros e contos aos seus compañeir@s.¡Esperamos que disfrutedes deste recuncho!





mércores, 24 de setembro de 2025

CHARLA SOBRE EPILEPSIA

 

    Onte no centro, parte da comunidade educativa do Rosalia, coñecemos un pouco mais sobre a temática da epilepsia, todo isto gracias a psicóloga Mercedes Luaces. Deixámosvos unhas fotos da súa clase maxistral.















xoves, 18 de setembro de 2025

¡¡COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!

 


 Ola ratiñ@s!

       Arrancamos neste novo curso a nosa biblioteca do centro, polo que Leo e Páxina dámosvos a benvida á biblioteca do Rosalia. 

     Estade atentos, porque vimos cheos de novidades e actividades para que disfrutedes este novo ano escolar.

    Lembrade, que comezamos o mércores 1 de outubro e xa poderedes coller fondos de préstamos.

      Como xa ven sendo nos anos anteriores, a biblioteca estará coordinada na hora do recreo, polos nenos e nenas voluntari@s de 6º de Educación Primaria. (Moitas grazas a tod@s)

       ¡Agardamos a vosa visita! 

 

 

 



 


 

xoves, 19 de xuño de 2025

 DESPEDIDA DO CURSO


Bueno ratiños e ratiñas:

Rematamos aquí este curso 2024- 2025.

Dende a biblioteca esperamos que todo este tempo desfrutarades dos nosos fondos, do noso material informático, e das actividades que vos propuxemos dende setembro ata xuño.

Antes de despedirnos, queremos deixarvos por aquí unhas imaxes da última mesa de exposición de novidades moi fresquiñas para o verán e un cartel con recomandacións para desfrutar da lectura veraniega.










Nos, Leo e Páxina axiña comezaremos a traballar en novas ideas, retos e temas que propoñervos para que o vindeiro curso sexa igual de bo que este ou incluso mellor.




Pasade un moi bo verán, descansade moito e collede moitas forzas 

Vémonos en setembro...

FELIZ VERÁN!!!!

venres, 13 de xuño de 2025

 MOCHILAS VIAXEIRAS


Qué hai de novo ratiños e ratiñas?

A rapazada dos últimos cursos de cada ciclo: 2º, 4º e 6º, foi a encargada de ir rulando polas súas casas as mochilas viaxeiras que puxemos en marcha dende a biblioteca.


Ian cargadas de materiais interesantes non só para ler senón tamén para facer e experimentar.






Así quedaron uns cadernos de receitas, manualidades e experimentos super chulis. 









Están expostos na entrada do centro para que todos e todas poidades desfrutar deles.



Grazas a todas esta rapazada e as súas familias pola sua colaboración e implicación nesta actividade.