Páxinas

xoves, 24 de decembro de 2015

Nadal na biblioteca

Para celebrar o Nadal, as rapazas e rapaces de 1º e 6º de primaria cantaron e bailaron as cancións "Jingle Bell Rock" e "Navidad Rock".


O alumnado de 6ºA e 6ºB fixeron a cover da versión acústica de Laura Marano acompañados polo mestre Ramón e a súa guitarra. Velaquí os tedes:


As nenas e nenos de 1º de Primaria bailaron a canción "Navidad Rock". Aquí tedes un anaco da actuación dos artistas:


Por outra banda, as alumnas e alumnos de 5ºA de Primaria quixeron deleitarnos cunha canción da banda orixinal de "Les Choristes" (Los chicos del coro). Velaquí os tedes con "Vois sur to chemin".

Para rematar, unhas cantas fotos. Enjoy!





mércores, 16 de decembro de 2015

Pere - El reno y la bondad

O último conto antes de Nadal tiña que ter temática desta época do ano tan festiva. Pere, a nai de Daniela Rey (1ºA) contounos un conto que fala da bondade, algo tan importante para poder convivir en paz cos demais.

Aquí tedes unha pequena mostra do que puideron ver os nenos que asistiron á biblioteca este último martes.




Miguel, un dos encargados da biblioteca, fíxolle entrega dun diploma e agradeceulle a doazón do libro á biblioteca. Grazas a Pere agora todos poderedes lelo sempre que queirades. 
 Pere, regalounos o libro para que o poidades ler sempre que queirades. Está agardando por vós na biblioteca do cole.

xoves, 10 de decembro de 2015

GRANDES LECTORES!

Hoxe foi un gran día para a biblioteca do CEIP Rosalía de Castro. Siria está moi contenta porque repartimos os diplomas a aqueles nenos e nenas que máis leron. 

Velaquí os tedes coas súas pintas de boíños e boíñas. Xa se lles nota na cara que len moito!

Mateo e Maruxa (6ºB)
Verónica e Nerea (6ºA)


Sheila, Tania e Mireia (5ºA)
Isaac e Anxo (5ºB)
Paula e Alejandro (4ºB)
Iker (4ºA)

Lucía e Samuel (3ºA)
Pablo (3ºB)

Asier e Sofía (2ºA)
Ramón e Aarón (2ºB)

Irene, Candela e Alejandro (1ºA)
Fabiola, Xoel e Iria (1ºB)

Emma & Nadia - El ladrón de palabras

Vaia éxito tiveron estas rapazas de sexto!

Emma e Nadia (6ºA) léronnos hoxe El ladrón de palabras. Ademais, foron moi xenerosas e agasallaron aos asistentes con caramelos. Isto é un gustazo!

Aquí vos deixo un vídeo e unhas imaxes para que revivades o momento.



Mateo e valentín, voluntarios da biblioteca, entregáronlles uns diplomas para que recorden este momento tan especial. Grazas!



mércores, 9 de decembro de 2015

María e Daniela

Grazas polo conto de hoxe, con vós aprendimos o importante que é traballar en equipo. María e a súa filla Daniela (3ºA) léronnos un conto moi exclusivo, Ootsi, el ganso de las nieves.


Aquí tedes ás dúas en acción lendo ante un público que non perde detalle da historia.







Lidia e Asier, voluntarios de biblioteca fixéronlles entrega dun diploma ás nosas lectoras. Que ben o fixeron!






luns, 7 de decembro de 2015

Nuria Blanco

Hoxe tivemos a visita de Nuria Blanco, nai de Alejandro (1º primaria) e Sophía (4º). Tívonos a todos enganchados co conto "El Festín de Navidad". 

Aquí tedes un vídeo e imaxes da contacontos de hoxe:







Nuria adicounos o libro e douno á biblioteca. A voluntaria de biblioteca Lorena (6ºPrimaria) fíxolle entrega dun diploma e un marcapáxinas para que recorde o día de hoxe.







sábado, 5 de decembro de 2015

Nerea e Sandra

O pasado venres Nerea e Sandra ensináronnos o importante que é dicir a verdade. Contáronnos o conto "Paco Trolas".

Velaquí as tedes en acción!


Desiré e Andrea fixéronlles entrega duns diplomas ben merecidos.






xoves, 3 de decembro de 2015

Fantástico Nuno e Samuel!

Hoxe tocoulles a Nuno e a Samuel de 5ºA amenizarnos o recreo co conto "Corre corre, calabaza". Dende o público oíuse máis dunha risa con esta historia de tan disparatadas personaxes.

Velaquí tedes unhas fotos e un vídeo que amosan o ben que o pasamos!



Nerea e Mateo, voluntarios na biblioteca entregáronlles os diplomas para lembrar este momento tan especial.