Páxinas

luns, 31 de marzo de 2025

 VISITAS NA BIBLIO


Ola ratiños e ratiñas:

Hoxe veunos visitar a biblio unha persoa grazas a cal podemos desfrutar das nosas lectura favoritas no noso querido idioma galego.

Nada máis e nada menos que...


CHARO BALEIRÓN!!


Filóloga, traductora e asesora linguística do idioma galego.

Ela foi a encargada de traducir ao galego o libro INVISIBLE  de Eloy Moreno, do cal contamos cun exemplar entre os fondos da biblio.



Os cursos aos que foi dirixida a charla foron 4º, 5º e 6º de primaria. Coñeceron en que consiste o oficio de linguista e traductora e fixéronlle un montón de preguntas a modo de entrevista.
















Para rematar deixóunos unha dedicatoria. 




Contamos xa con Charo como amiga da biblio do Rosalía.

MOITAS GRAZAS POLA TUA PRESENZA!!

venres, 28 de marzo de 2025

 IX EXPOSICIÓN DA CAMELIA E O BONSAI DE PADRÓN

Dende a biblioteca do cole Rosalia facémonos eco da participación do cole na exposición de Camelias de Padrón, cunha creación confeccionada con camelias e alusiva ao 50 aniversario do colexio que ten lugar neste ano 2025.








Moitas das camelias foron aportadas polo alumnado do centro.




















Este é o resultado, que podedes ver en directo durante toda a fin de semana no Convento do Carme en Padrón.






xoves, 20 de marzo de 2025

OBRADOIRO IN ENGLISH


O nosotros auxiliar de conversa James organizou un obradoiro de Chess ( xadrez),  para a rapazada de quinto  curso na biblioteca 















luns, 10 de marzo de 2025

 DIA DA MULLER 8 MARZO 2025




Exposición de fondos relacionados con esta data




Charla informativa sobre a situación da muller noutros lugares do mundo















Dende o Concello presentaron aos mais pequenos e pequenas a figura de Florence Nightingale a través dunha historia e un experimento 









O equipo de Dinamización da lingua propon coñecer mulleres galegas relacionadas coa temática do proxecto: "O Cine".