EFEMÉRIDES
Boas meus ratiños e ratiñas:
Hoxe é o noso gran día porque é...
EFEMÉRIDES
Boas meus ratiños e ratiñas:
Hoxe é o noso gran día porque é...
EFEMÉRIDES
Qué tal ratiños e ratiñas?
Hoxe 17 de outubro celebrase oooooo...
DÍA DAS ESCRITORAS!!!!
Este día xurdiu co obxectivo de recuperar e resaltar o legado das escritoras, ademáis de visibilizar as obras das mulleres na literatura.
A celebración deste día busca amosar as escritoras e os seus traballos deixando atrás a discriminación e o esquecemento polo simple feito de ser mulleres.
A data elixida é o luns máis preto da festividade de Teresa de Xesús (15 de outubro) que é a patroa dos escritores.
LEMBRADE VISITAR A BIBLIO PARA ATOPAR MOITAS E MOI INTERESANTES ESCRITORAS.
CONTACONTOS NA BIBLIO
Boas ratiñas e ratiños!!!
Esta semana tivemos na biblio unha sesión de conta contos dirixida a Infantil e primeiro de primaria.
Gozamos do conto titulado "Eu, Mariña" e ensinounos moitas cousas interesantes sobre as persoas celíacas, que son intolerantes ao glute e teñen que ter unha alimentación especial, baseada en produtos que non conteñan esta proteína.
O glute soe estar presente en máis cousas das que nos imaxinamos por iso é importante coñecer esta intolerancia, pois unha inxesta accidental pode provocar dores de estómago, diarreas e malestar xeral.
Queredes saber máis do glute? Tedes curiosidade por investigar o que é unha proteína? Gustaríavos saber qué alimentos conteñen glute?
POIS VISITADE A BIBLIO QUE ALÍ ATOPAREDES TODA A INFORMACIÓN!!!!
CHEGOU O GRAN DÍA
Pois si, ratiños e ratiñas, chegou o día da inauguración da...