Páxinas

mércores, 15 de xuño de 2016

O derradeiro conto

Para pechar este ano de contacontos tivemos á Mestra Mabel e a Sara (2ºB), que nos deleitaron con "Guess How Much I love You".


Miña naiciña...o destas dúas lebres si que é amor. 

Quen quererá máis a quen neste libro de Sam McBratney? 


Vexamos unhas fotos e un vídeo da lectura que pechou os contacontes este curso. E para o ano próximo xa sabedes....animádevos a ler!







Nata y Chocolate

O pasado 2 de maio tivemos a visita de Alica Borrás Sanjurjo, escritora de numerosas obras de éxito entre as que se atopa "Nata y Chocolate". Foi un honor tela no colexio e compartir con ela as nosas experiencias e cavilacións sobre o libro. 

Foi moi amable e paciente para contestar a todas as nosas preguntas e animounos a escribir.

Neste enlace podedes acceder a máis información sobre o libro, que está na biblioteca e ten a sinatura e dedicatoria da autora.







Moitas grazas pola visita e ata outra!