Páxinas

martes, 23 de xuño de 2020

#euquedonacasa CONTACTO CON AUTORES

Estes días recibimos no correo da BIBLIO.ROSALÍA unha mensaxe moi especial.
 A escritora Paula Carballeira, que nos axudou a viaxar a través dos libros que limos este ano como:



Deixounos unha mensaxe para os nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro.

ESTE VERÁN SEGUIR LENDO E VIAXANDO A TRAVÉS DOS LIBROS.



venres, 12 de xuño de 2020

#orosaliaficanacasa LECTURAS PARA O VERÁN

Aínda que dunha maneira un pouco diferente, estase achegando o fin do curso escolar 2019-2020.
Os libros, a música, o cine, os xogos,... son os mellores medios de transporte cara un mundo de imaxinación e fantasía, e os mellores instrumentos para seguir aprendendo e coñecendo o mundo que nos rodea, todo isto puidemos comprobalo nestes tempos de confinamento. 
Por iso, como noutras ocasións, dende a Biblio.Rosalía e a Flavioteca (biblioteca do CEIP Flavia), compartimos con toda a comunidade educativa as nosas recomendacións lectoras para que as usedes de guía nas vosas futuras compras e disfrutedes deste verán.

Poderedes consultar esta guía a partir do luns  na Biblioteca Pública e nas librerías do concello.
Moitas grazas pola vosa participación nas actividades, retos e propostas feitas dende a Biblio.Rosalía (durante todo o curso, antes e durante o confinamento)
Seguiremos propoñendo cousas no blogue da biblioteca durante o verán, polo que non esquezades seguir visitándonos.



martes, 9 de xuño de 2020

#orosalíaficanacasa AXENDA CULTURAL MES DE XUÑO


COA APERTURA DAS NOSAS CASAS E RÚAS, NAS NOVAS FASES QUE IMOS CONQUISTANDO DESTE ESTADO DE ALARMA, COMEZAN A OFERTARSE NOVAS ACTIVIDADES DENDE O CONCELLO DE PADRÓN, E A BIBLIO.ROSALÍA QUERE SEGUIR SENDO UNHA FIESTRA ABERTA NA QUE POIDADES CONSULTAR A AXENDA CULTURAL DO MES DE XUÑO:

ESTAS SON AS NORMAS PARA ACCEDER DE NOVO A BIBLIOTECA DO NOSO CONCELLO:


luns, 8 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS #euquedonacasa

HOXE CONMEMORAMOS O ...

PARA RECORDAR A TODO O MUNDO O GRAN PAPEL QUE ESTES XOGAN NA NOSA VIDA. ELES SON OS PULMÓNS DO NOSO PLANETA E OS QUE XENERAN A MAIORÍA DO OSÍXENO QUE RESPIRAMOS.

O PROPÓSITO DESTE DÍA É CONCIENCIARNOS SOBRE AS CONSECUENCIAS QUE A ACTIVIDADE HUMANA TEN PARA OS OCÉANOS E POÑER EN MARCHA UN MOVEMENTO MUNDIAL CIDADÁ A FAVOR DA SÚA SALVAGARDA.


RECORDADE!!!


domingo, 7 de xuño de 2020

#euquedonacasa CONTADA dende a casa


Hoxe volve ao recuncho das "CONTADAS dende as casas"
Noa Santana Sixto, que co seu pai (Juan José Santana) se anima a contar un conto para o recuncho da Biblio.Rosalía.



Podedes ademais escoitar a canción deste conto.


Ou ler o conto con este libro interactivo de pictogramas adaptado por Aula TEA de los Soles.
(fai click na portada do conto)






venres, 5 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE #euquedonacasa


O Día Mundial do Medio Ambiente  celébrase o 5 de xuño, dende o ano 1973. 
Esta data foi proclamada pola ONU en 1972, co obxectivo de sensibilizar á poboación mundial en relación a temas ambientais e  no respeto do medio ambiente.

 Polo tanto, é fundamental que nos convirtámonos en axentes activos do desenvolvemento sostible e no cambio de actitude cara temas ambientales.

Por iso hoxe poñemos á vosa disposición distintos recursos e actividades interactivas que explican a importancia do coidado do medio ambiente, así como as medidas que podemos empregar dende os nosos fogares para salvar o noso planeta e contribuír a unha mellora no medio ambiente.

Conto:

Programa de OS BOLECHAS "Os tres erres":


Programa de Os BOLECHAS "Sabes a cor do colector":


Xogos interactivos de reciclaxe:

Xogos para o coidado dos bosques:



Podedes imprimir ademais este  MEMORY relacionado coa reciclaxe:






mércores, 3 de xuño de 2020

#euquedonacasa DÍA MUNDIAL DA BICICLETA E ACHEGAS PARA CELEBRAR O DÍA DO XOGO

HOXE CONMEMORAMOS O ...


E DENDE A BIBLIO.ROSALÍA QUEREMOS INVITAROS A ESCOITAR ESTE CONTO TITULADO: 
"MARTA Y LA BICICLETA"


TAMÉN PODES VER ESTE VIDEO ONDE NOS INDICAN UNHAS NORMAS DE SEGURIDADE VIAL CANDO IMOS EN BICICLETA:


FESTEXADE ESTE DÍA MONTANDO EN BICI!!!

E AGORA DEIXOVOS ESTA PRESENTACIÓN COAS FOTOS ENVIADAS POLOS NENOS E NENAS PARA FESTEXAR O DÍA INTERNACIONAL DO XOGO QUE CONMEMORAMOS A SEMANA PASADA.


GRAZAS


luns, 1 de xuño de 2020

#euquedonacasa CONTADAS dende a casa

VOLTAMOS CUN CONTACONTOS NO RECUNCHO DAS "CONTADAS dende as casas" NESTA OCASIÓN DA MAN DUN DOS COLABORADORES DA BIBLIOTECA E ALUMNO DE 6º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA, RAMÓN PARADA BUENO, QUE NOS CONTA A BIOGRAFÍA DE LOUIS PASTEUR.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE:



ANIMÁDEVOS A MANDAR O VOSO CONTACONTOS, PARA REMATAR O CURSO ESCOLAR CHEOS DE VIDA NO RECUNCHO DAS CONTADAS DA BIBLIO.ROSALÍA.