Páxinas

martes, 31 de outubro de 2017

Reto 2- DIA DAS BIBLIOTECAS

 

A nosa proposta nesta ocasión consiste en investigar sobre as bibliotecas e, unha vez feito, imaxinar, deseñar e crear a vosa biblioteca ideal. 

Se pinchades no enlace poderedes ver unha biblioteca pouco habitual. Será como esa a vosa creación?

Biblioteca orixinal 

Este reto estará dispoñible ata o día 7 de novembro. 

 

Non esquezades poñer o voso nome e curso pola parte traseira do folio.

domingo, 15 de outubro de 2017

Reto 1- A TRADUCIÓN

Ao son do lema deste curso "Aprender a pensar coa biblioteca escolar", propoñerémovos cada mes un reto literario.
O primeiro deles mantívose tres semanas no seu recuncho, pero para que vexades o importante da publicidade, só tres persoas se animaron a participar no reto (había que traducir un fragmento do texto "O Principiño" ou "El Principito" ao balleno.


Mirade unha experta no tema:

 


Os traballos dos nosos expertos tradutores atópanse expostos na biblioteca, na porta do fondo.

Carta de Siria

domingo, 8 de outubro de 2017

Benvida!

Benvidos ao curso escolar 2017-2018.

Este ano dende a biblioteca do colexio Rosalía de Castro queremos darvos unha gran benvida e animarvos a que veñades visitar a biblioteca e a participar nas actividades que nela se organizan.
Esta é a nosa biblioteca:



E estes son os colaboradores que nela traballan durante os recreos:


Un saúdo