FORMACIÓN DO PROFESORADO
A biblio do Rosalía é consciente da importancia de contar no noso centro con profesionais formados e actualizados en novas metodoloxías de traballo co alumnado, e con coñecementos renovados e adaptados as demandas da sociedade actual.
Por iso, a biblioteca somos o centro neurálxico e acolledor de todos os plans de formación do profesorado que levamos a cabo no centro, sempre enmarcados nos diferentes Plans de Formación Permanente do Profesorado que oferta a Consellería de Educación, e en constante colaboración co CAFI, organismo encargado da coordinación e a posta en marcha dos mesmos.
Neste curso o profesorado do Rosalía participou nos seguintes programas de formación:
POLOS CREATIVOS
Os polos creativos son espazos educativos innovadores cun deseño modular, dotados de equipación especializada e que ocupan espazos físicos definidos nos centros educativos. Funcionan como centro de actividades no que se traballa a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o encausado audiovisual e artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica...
Así os docentes participaron nunha sesión de robótica enfocada sobre todo a educación infantil aínda que se traballaron contidos adecuados a primaria.
Tamén tiveron outra sesión sobre manexo e traballo coa cortadora láser..
FORMACIÓN DE CONVIVENCIA
Dada a importancia da creación dun clima axeitado de convivencia entre todos os membros que forman a comunidade escolar, o profesorado do centro levou a cabo un Pfpp de Convivencia para seguir mellorando o clima escolar e coñecer estratexias de manexo e resolución de conflictos, así como o traballo coas emocións e a súa implicación na convivencia e nos procesos de ensino-aprendizaxe.
CONTRATO-PROGRAMA IGUALA-T
Con este programa desenvolveremos accións para o fomento da coeducación, isto é, a promoción da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a prevención, a detección e o tratamento das violencias machistas e a promoción e o respeto pola diversidade afectivo-sexual e de xénero.
PROXECTO FAME CERO
En colaboración coa organización Mans Unidas, enmarcado no seu proxecto Fame Cero, o profesorado recibiu formación sobre o coidado e promoción da horta escolar, como continuación da súa posta en marcha en cursos anteriores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario