Páxinas

sábado, 29 de novembro de 2025

OPERACIÓN QUILO

 

        ¡Bo día!

         Como xa todos sabedes achégase o Nadal, por iso queremos por en marcha unha iniciativa solidaria coa que pretendemos axudar ás familias que máis o necesiten. Dende o día 1 ata o 12 de Decembro, convidámosvos a colaborar doando todo tipo de alimentos non perecedoiros típicos destas festas. Con cada doación, farase un troque dun libro, dando as grazas pola vosa colaboración. Esperamos unha gran cooperación con esta proposta.

                                       ¡Grazas de anteman pola vosa colaboración!




luns, 24 de novembro de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

           ¡Bo día!

                       O curso segue avanzando e nos queremos amosarvos como os nenos e nenas do cole, vanse visitando a biblioteca para ler as recomedacións lectoras e para explicarnos porque recomendan dito conto.

                                                ¡Moitas grazas rapaces e rapazas!










luns, 10 de novembro de 2025

CHARLA DE CIENCIA NA BIBLIOTECA

 

        ¡Boas ratiñ@s!

           Hoxe, na biblioteca acollimos unha charla sobre ciencia. Esta proposta, ven dada polo CIM(Centro de información á muller) que pretende por en marcha un programa escolar que mistura e pon en valor o mes da Ciencia e o mes no se que destaca a Non Violencia de xénero. Grazas a arenaria, tivemos hoxe no centro unha charla para achegar aos nenos e nenas diferentes coñecementos sobre a ciencia, como é o coñecemento de moitas científicas internacionais, españolas e galegas e os seus descubrimentos; por outro lado, tamén fixeron fincapé na importancia en que cada quen estude e traballe no que lle gusta, poñendo en valor cada persoa. Estamos seguros que os nenos disfrutaron moito desta sesión informativa. 

 










 

venres, 7 de novembro de 2025

SAMAÍN E MAGOSTO


          ¡Bo día!  

                 Dende biblioteca, queríamos contarvos a morea de actividades que realizamos durante o Samaín e o magosto no cole. Para iso, comezaremos a mostrarvos as actividades plantexadas dende a biblio.

                 A primeira é unha exposición terrorífica na entrada do cole, na que contamos con diferentes recursos de medo para todas as idades.





     Realizamos diferentes contacontos terróríficos por parte das familias e dos nenos maiores do centro, os cales tamén leeron os seus microrelatos de medo, feitos por eles.



















                Por parte doutros equipos, tivemos unha exposición de cabazas, ás cales realizaron os nenos na casa, ¡quedaron moi bonitas!
             




      É por último, o venres 31, tivemos o Castañazo Fest, onde fixemos un desfile de disfraces, comemos castañas do magosto, estivemos invitados a asistir a un ritual purificador de medos, os nenos de infantil disfrutaron dunha gran merendola e finalmente, disfrutamos cunha chea de xogos.

























                                ¡ Esperamos que os nenos e nenas disfrutaran moito de este día!