Páxinas

xoves, 18 de decembro de 2025

DECEMBRO NA BIBLIO

         

             ¡Bo día!

               Este mes de decembro, esta chea de actividades propostas por parte do equipo de biblioteca. Contámosvos a continuación todo o que estamos a realizar: 

                En primeiro lugar realizamos unha exposición de contos sobre o Nadal, onde tanto os nenos como os profesores do centro podían utilizalo como recurso na aula.






                    Durante toda a semana, na hora do patio, realizamos un taller creativo, onde o alumando tiña que facer etiquetas ao seu gusto, mostrámosvos como quedaron












                Como todos os anos, non podía faltar a visita do elfo Tilín, polo que os nenos e nenas do centro, asistiron a biblioteca na súa busqueda. 





            Finalmente, amosámosvos, o conto cooperativo de Nadal realizado por todo o centro. 





                                                ¡Agardamos, que vos gusten todas as actividades!



 

 ELF ON THE SHELF: BUSCA A TILÍN



luns, 15 de decembro de 2025

 ELF ON THE SHELF: BUSCA A TILÍN


Ola ratiños e ratiñas:

Un ano máis achegándonos ao Nadal, o elfo Tilín agóchase na biblio para facernos trasnadas.

Cada día publicaremos unha pista de onde se atopa para que poidades buscalo, atopalo e pedirlle os vosos desexos.

Ahí vai a primeira para o luns:




mércores, 10 de decembro de 2025

OPERACIÓN QUILO SUPERADA

 

        !Boas familias¡

                  O venres  12 de decembro, remata o prazo da operación quilo e dende o equipo de biblioteca, queremos darvos as grazas por toda a colaboración recibida.

                                                                   Un saúdo 

 



 

xoves, 4 de decembro de 2025

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

      

            ¡Bo día! 

             Onte, 3 de decembro, foi o día internacional das persoas con discapacidade co fin de combater a discraminación e atender as necesidades asociadas aos individuos que enfrontan algún tipo de afección física ou mental. Como no centro, estamos a traballar o proxeto dos xogos olímpicos, demoslle cabida a unha exposición sobre persoas con discapacidade que participan en ditos xogos. 

                Mostrámosvos a continuación como quedou: 

 






 

luns, 1 de decembro de 2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 

         ¡Ola ratiños! 

              Rematamos Novembro, e con el o mes da Ciencia en galego nas bibliotecas. Por iso, queremos amosarvos todo o que crearon e construíron durante os recreos estos días.