Páxinas

xoves, 1 de novembro de 2018

QUE BEN O PASAMOS NA SEMANA DO SAMAÍN!!!!

COMO PUIDÉCHEDES VER NA ENTRADA ANTERIOR, ESTA SEMANA DO SAMAÍN FOI CURTA PERO TÍÑAMOS PREPARADAS MOITAS ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA.

ADEMAIS DO EXPOSITOR DE LIBROS DO SAMAÍN QUE XA FACÍA UNHA SEMANA QUE TIÑAMOS NO CORREDOR O LADO DA BIBLIOTECA,




E DA EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO CONCURSO ORGANIZADO POLO EQUIPO DE EXTRAESCOLARES,



PUIDEMOS DESFRUTAR  DE:

O LUNS NA HORA DO RECREO NA BIBLIOTECA: 
MÚSICA DE SAMAÍN  E MAGOSTO.
EMPREGAMOS PARA ELO ALGÚN VIDEO DE YOUTUBE COMO O DE CORRE, CORRE CABACIÑA OU O RAP DO MAGOSTO DO LIBRO DE  BRINCA VAI.






AQUÍ PODEDES VER AOS NENOS ESCOITANDO A MÚSICA E DESFRUTANDO COA ANIMACIÓN:




O MARTES NA HORA DO RECREO VIMOS:

  PELIS DE MEDO:

A BRUXA REGAÑADENTES




THE SKELETON DANCE


AQUÍ ESTÁN DESFRUTANDO DAS CURTAMETRAXES NA BIBLIOTECA:





E O MÉRCORES TIVEMOS UN TALLER DE MARCAPÁXINAS, PARA ELO CONTAMOS COA COLABORACIÓN DE TRES ALUMNOS DE 5º: RAMÓN, MAURA E SHEILA, QUE FOROS OS ENCARGADOS DE DINAMIZAR O TALLER BAIXO A SUPERVISIÓN DOS MEMBROS DO EQUIPO DE BIBLIOTECA.





COMO O MÉRCORES ERA A FESTA DO SAMAIN E DO MAGOSTO NO COLEXIO, DECIDIMOS FACER ESTE TALLER NO PATIO, XA QUE HABÍA OUTRA SORPRESA E NON NOLA QUERÍAMOS PERDER.


















A SORPRESA FOI A CARGO DO   ALUMNADO DE 6º (E COLABORADORES DA BIBLIOTECA) QUE  FIXERON UN  FLASHMOB NO PATIO CUBERTO COA CANCIÓN THRILLER, QUE PREPARARAN COA TEACHER FERNANDA.



ADEMAIS O ALUMNADO DE 4ºB, DA PROFE XELA, ASISTIU A UNHA CHARLA SOBRE O SAMAÍN NA BIBLIOTECA, A CARGO DO AVÓ DUN DOS SEUS COMPAÑEIROS, BREIXO, QUE LLES VEU FALAR DAS ORIXES DO SAMAÍN, DE COMO VALEIRABAN AS CABAZAS E POÑIAN VELAS DENTRO, E DE COMO VIVÍA O SAMAÍN NA SÚA INFANCIA, GASTANDO BROMAS ENTRE OS RAPACES, PINTÁNDOSE A CARA CON CINZAS...









PASÁMOLO XENIAL E GÚSTANOS MOITO PODER TER ESTAS VISITAS TAN ESPECIAIS NA NOSA BIBLIOTECA.






1 comentario:

  1. Unha semana de medo...con tanto traballo e con tantos monstros e bruxas. Noraboa ao Equipo de Biblio, ao voluntariado e a esas marabillosas persoiñas de quinto!!

    ResponderEliminar