O domingo 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, e durante esta semana e a vindeira conmemoraremos esta data na biblio.rosalía, xa que aínda que esteamos illad@s, temos que renderlle homenaxe a nosa lingua e a nosa cultura.
A data desta celebración débese a que tal día como o 17 de maio de 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego.
Con esta celebración a Real Academia Galega quere homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego ou pola defensa de dita lingua.
Este ano o homenaxeado é
RICARDO CARBALLO CALERO.
Deixovos a continuación un vídeo coa súa biografía e vémonos mañá con mais actividades para conmemorar esta data:
E recordade participar no reto 6 proposto pola Biblio.Rosalía e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega:
NON VOS OLVIDEDES DE INDICAR OS SEGUINTES DATOS NOS VOSOS CORREOS:
- Concepto: Coñecendo as nosas raíces
-Nome completo do alumno/a
-Curso
O prazo será ata o venres 15 de maio
Ningún comentario:
Publicar un comentario