Páxinas

domingo, 21 de marzo de 2021

21 de MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA E DÍA DA ÁRBORE

 

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, co obxetivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Ademais, búscase promover a ensinanza da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senon unha vía de expresión e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.

Na biblio.rosalía non queremos deixar pasar esta data sen fomentar a lectura e recitado de poesía no noso alumnado, polo que dende o día 22 de marzo teredes na biblioteca un expositor con poemarios e libros de poemas que podedes pedirlle aos vosos titores para que leven a vosa aula na biblio.mobil.

Ademais, hoxe, día 21 de marzo é o Día Da ÁRBORE, polo que vos deixamos estés poemas da poetisa galega Yolanda Castaño sobre árbores:

E este poema da nosa poetisa favorita: Rosalía de Castro, titulado: "Vaca, árbore e hórreo" para que disfrutedes:



Ningún comentario:

Publicar un comentario