Páxinas

sábado, 2 de abril de 2022

 DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Aquí seguimos, ratiños e ratiñas, celebrando datas importantes:

O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

A celebración desta data pretende despertar o interese e amor polos libros e a lectura, en nenos e xovenes, e facer de esto un hábito de vida.

Escolleuse o 2 de abril para a conmemoración xa que é a data de nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés creador dalgúns dos contos clásicos máis lidos en todo o mundo, como: O PARRULO FEO, O SOLDADIÑO DE CHUMBO, A SIRENIÑA  ou PULGARCIÑA.



HANS CHRISTIAN ANDERSEN






Ningún comentario:

Publicar un comentario