ACTIVIDADES DE NOVEMBRO
Ola ratiños e ratiñas:
Tivemos uns problemas técnicos coa aplicación na que facemos este blog por iso estivo uns días sin moito movemento, aínda que no cole seguimos a traballar arreo.
En novembro celebramos o mes da ciencia na biblioteca e tamén o 25 N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres.
En canto a esta conmemoración especial salientamos que os alumnos e alumnas de 6º curso, pasaron polas aulas ensinandonos a cantar "la puerta violeta" de Rozalén en linguaxe de signos, ademáis decoramos unhas bolboretas que encheron a árbore da entrada de mensaxes de apoio as vítimas desta violencia.
Coma sempre, expuxemos unha chea de fondos da biblioteca relacionados con esta temática, e participamos nas propostas do concello: O concurso de debuxo e o contacontos: "o monstruo de cores", para os máis peques.
Acollemos tamén na biblio unha charla informativa a cargo de profesionais da Facultade de Óptica de Santiago sobre saúde ocular e a importancia das revisións periódicas da vista para detectar e previr posibles problemas visuais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario