Páxinas

luns, 24 de xuño de 2019

BOLETÍN DE VERÁN E DESPEDIDA

Compartimos convosco o noso tríptico con recomendacións lectoras e de xogos para o verán.
Esperamos que vos gusten.


Para elaboralo traballamos conxuntamente a biblioteca do CEIP Rosalía de Castro e a biblioteca do CEIP Flavia.

Ademais agradecémoslle ao alumnado colaborador da biblioteca no tempo de recreo a súa axuda e lles fixemos entrega da camiseta de "Voluntariado lector".

Disfrutade do verán e recordade...



sábado, 22 de xuño de 2019

FACTOR R

Na biblio.rosalia celebrouse esta semana un concurso de talentos titulado "FACTOR R".

O alumnado de 5° foi o encargado de deleitarnos cos seus talentos: tocar instrumentos, acrobacias, operacións mentais...
Encantoulles tanto aos participantes coma o público.
Noraboa!!!



martes, 18 de xuño de 2019

PREMIOS RETO 5

O ALUMNADO DE 2° FOI O GRAN PARTICIPANTE NOS RETOS DA BIBLIO.ROSALÍA.

DENDE A BIBLIOTECA, FIXEMOSLLE  ENTREGA DUNHA PEGATINA, POR TER PARTICIPADO NO RETO 5: PADRÓN VIAXEIRO.


ESPERAMOS QUE CONTINUEN PARTICIPANDO O PRÓXIMO CURSO NOS RETOS LITERARIOS DA BIBLIOTECA CON TANTO ENTUSIASMO COMO ESTE CURSO ESCOLAR.