Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta #ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #ciencia. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de maio de 2026

ACTIVIDADES NA BIBLIO

 EDUCACIÓN AMBIENTAL

Ola ratiños e ratiñas:

Onte tivemos a visita no cole da Brigada forestal antiincendios. Foi unha xornada adicada a coñecer de primeira man o traballo destes profesionais, a súa importancia como colectivo e como podemos contribuir a coidar dos montes, bosques e o noso medio natural



Os brigadistas organizaron diferentes estacións de aprendizaxe para coñecer a flora dos nosos montes, o seu coidado, as ferramentas que utilizan para traballar, os grupos especiais, o manexo das mangueiras e a motobomba...




A nosa biblioteca en concreto acolleu as charlas máis teóricas sobre a situación dos nosos montes e bosques




E tamén unha exposición de distinta flora dos montes da contorna, na que nos explicaron que tipo de árbores e plantas podemos recoñecer na nosa contorna e se é fácil que as consuma o lume ou son máis resistentes.




Por último agasalláronnos cuns contos no que os Bolechas nos explican o traballo dos brigadistas, e uns xogos de preguntas e respostas sobre todo o aprendido nesta xornada de educación ambiental.




mércores, 18 de decembro de 2024

 CHARLAS NA BIBLIO


Ratiños e ratiñas, hoxe a Policia Nacional visitou a nosa biblio para amosarnos unha das súas facetas máis descoñecidas:

Charlas sobre temas medioambientais e cómo traballan concienciando e coidando a natureza.

Acudeu o alumnado de segundo, terceiro e cuarto de primaria.





















xoves, 28 de novembro de 2024

 NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boadoarqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC.  Foi Premio nacional de investigación 2023.






Dende a biblio do Rosalia impulsamos a realización de diferentes experiencias e actuacións relacionadas coa ciencia, durante os periodos de lecer onde alumnado e mestres amosan e explican aos seus compañeiros experimentos que investigaron e prepararon.

Densidade dos líquidos.
















Descalcificación de osos







Observación dun piollo a través do microscopio








Tamén fixemos unha exposición de fondos relacionados coa temática científica.







Por outra banda, facémonos eco dunha experiencia levada a cabo na aula de 6º de infantil: uns pitiños con presa por nacer!!







Damos a benvida a dous novos membros á nosa comunidade educativa, nados aquí mesmo no Rosalía, trátase dos poliños: Calimero e Kirikú.


Rematamos cunha recomendación de peliculas sobre temas científicos.