CONTACONTOS
De novo os colaboradores e colaboradoras da biblioteca exercen de contacontos para toda a cativada.
Nesta ocasión con relatos de Nadal.
COMEZA O SEGUNDO TRIMESTRE
Ola ratiños e ratiñas, feliz aninovo e benvidos ao segundo trimestre deste curso 2023/2024.
Comezamos este mes de xaneiro con lecturas expontáneas de contacontos no recreo, por parte do alumnado de máis idade cara aos máis pequenos.
E tamén retomamos as actividades, charlas e xogos sobre alimentación e hábitos saudables.
ACTIVIDADES DE OUTUBRO
Ola ratiños e ratiñas: hoxe nos, Leo e Páxina as mascotas da vosa biblio temos unhas novas que darvos:
TEMOS NOVOS BLOGUEIROS E BLOGUEIRAS NA BIBLIO!!
Os alumnos e alumnas de sexto curso de primaria, a partires de agora van ser os encargados de manexar o blog e transmitirvos todas as novas que acontecen na biblio e tamén no cole Rosalía.
Ainda están aprendendo a xestionalo pero si visitades a publicación anterior, a da visita de Julio Verne, esa foi a súa primeira achega.
E para conmemorar o...
DIA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe 24 de outubro, o alumnado de sexto preparou unha sesión de contacontos dirixida aos máis pequenos e pequenas do cole, o alumnado de infantil e de primeiro de primaria. Foi todo un éxito.
Deste xeito decímosvos: ATA LOGO!! deixándovos en moi boas mans, as destes fantásticos blogueiros e blogueiras, pero seguiremos véndonos cando subades a biblio .