Páxinas

xoves, 28 de outubro de 2021

 SAMAÍN 2021


Benvidos ratiños e ratiñas de biblioteca a este recuncho escalofriante do SAMAÍN!!!!

Para que desfrutedes nesta data, deixámosvos dous contos SUPER TERRORÍFICOS!!!!! para pasares un día de medo.

Xa que esta celebración ten orixe celta, e en Irlanda lle chaman Halloween, escollemos un relato en galego, e outro moi faciliño en inglés. Este último moi ben narrado polo noso auxiliar de conversa Sumit.

Agardamos que vos arrepíen moito e o pasedes xenial con eles!!!!


FELIZ SAMAÍN!!!!🎃🎃


HAPPY HALLOWEEN !!!!🎃🎃





domingo, 24 de outubro de 2021

DIA DA BIBLIOTECA 24 OUTUBRO

 Qué tal ratiños e ratiñas de biblioteca? Hoxe é o noso gran día, O DÍA DA BIBLIOTECA!!!!

E sabedes por qué o cada 24 de outubro celebramos esta festa?

Pois resulta que o 24 de outubro de 1992 durante a guerra dos Balcáns, incendiouse a biblioteca de Sarajevo. A destrucción fíxose adrede xa que se creía que esa biblioteca era unha mostra de impureza fronte a nación que querían construir.




Deste xeito lémbrase a importancia das bibliotecas para a conservación da memoria dos pobos.

En verbas de Mafalda:


Como agasallo deste día deixámosvos un video que vos pode axudar a construir un minilibro de papel.

Ratiños e ratiñas, non deixedes de ler, escribir e visitarnos na biblio.

Bicos literarios a todos e todas!!!!




martes, 19 de outubro de 2021

 BENVIDA A BIBLIOTECA

Ola nenos e nenas, profes, familias e toda a comunidade. Un curso máis dámosvos a benvida a biblio do cole Rosalía. Este ano xa podedes visitarnos (cumprindo sempre cos protocolos de seguridade), e atoparedes un montón de historias, contos e información, nos nosos andeis e seguramente máis de unha sorpresa que vos fará alucinar.
Para comezar temos un recunchiño de outono e tamén outro mooooi terrorífico: SAMAÍN!!!!