Páxinas

xoves, 25 de novembro de 2021


 SABÍAS QUE?  25N

Hoxe 25 de novembro celébrase o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Estableceuno a ONU, en lembranza do asasinato da activista dominicana Minerva Mirabal e as súas irmáns, no ano 1960. 

Elas loitaban polos dereitos da mulleres e a igualdade.

Na nosa biblio temos materiais para traballar esta temática. Visitádea e desfrutade aprendendo!!!






luns, 15 de novembro de 2021

QUÈ TIPO DE LECTOR ES?


Gozas coa lectura? E que tipo de lector es? Cal é o teu estilo? 

Nesta infografía podes descubrilo.

 Anímaste a compartilo con nós abaixo nos comentarios? Así poderemos axudarche mellor a escoller as túas lecturas. Dille a túa familia que o faga tamén, resultaravos divertido!! 




mércores, 10 de novembro de 2021


NOVIDADES DE NOVEMBRO

 Ola ratiños e ratiñas da biblioteca:

xa sabedes que novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas?

Na nosa, preparamos un recuncho adicado á ciencia e ademais compartímosvos os manifestos que comparte a Consellería de cultura, educación e ordenación universitaria.

así que.... ademais de ler ANIMÁDEVOS A INVESTIGAR!!!!

https://drive.google.com/file/d/1XrtPCt6FZMeU7iIc8WwiALRZPAO-Hl9t/view?usp=sharing


https://drive.google.com/file/d/1yKEXzUN-ingHO0jOe49huGyxS_3tdTu7/view?usp=sharing











Gústavos o noso recuncho de ciencias na biblio?

vinde a visitalo, ALUCINAREDES!!!!
Recunchos de ciencia na biblio