Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DAS BIBLIOTECAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DAS BIBLIOTECAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de outubro de 2023

 VISITAS NA BIBLIO


Hoxe tivemos unha nova visita na biblio.

Acompañounos Juan Pedro Blanco Mira "Juampe", un aventureiro de Brión que decidiu un día coller a súa bicicleta e sair a explorar o mundo sen máis equipaxe que a súa tenda de campaña, un saco de durmir e unha botella para ducharse.

Juampe falounos e amosounos paisaxes que visitou coa sua bicicleta, coma os Alpes, animáis que atopou no seu camiño, (chegou case a Turquía!!!) e falounos de como  é viaxar só e case sen nada, convertíndose esta aventura nunha experiencia de supervivencia case extrema.

Tamén plasmou a sua ruta e vivencias nun libro que por suposto está a vosa disposición na biblio.



Entusiasmounos a historia de Juampe, fixémoslle unha chea de preguntas e aprendemos unha morea de cousas interesantes.

Lembrade que podedes seguir as súas aventuras na súa canle de Youtube, ou no perfil de Instagram MundoSinRumbo.

Grazas Juampe!!












martes, 24 de outubro de 2023

 ACTIVIDADES DE OUTUBRO


Ola ratiños e ratiñas: hoxe nos, Leo e Páxina as mascotas da vosa biblio temos unhas novas que darvos:

TEMOS NOVOS BLOGUEIROS E BLOGUEIRAS NA BIBLIO!!

Os alumnos e alumnas de sexto curso de primaria, a partires de agora van ser os encargados de manexar o blog e transmitirvos todas as novas que acontecen na biblio e tamén no cole Rosalía.

Ainda están aprendendo a xestionalo pero si visitades a publicación anterior, a da visita de Julio Verne, esa foi a súa primeira achega.







Antes de despedirnos non nos esquecemos de amosarvos a entrevista que o alumnado de sexto fixo a unha persoa do colectivo LGTBIQ+ co gallo do Día da saída do armario, para coñecer de primeira man o significado desta efeméride 







E para conmemorar o...

 DIA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe 24 de outubro, o alumnado de sexto preparou unha sesión de contacontos dirixida aos máis pequenos e pequenas do cole, o alumnado de infantil e de primeiro de primaria. Foi todo un éxito.
























Deste xeito decímosvos: ATA LOGO!!  deixándovos en moi boas mans, as destes fantásticos blogueiros e blogueiras, pero seguiremos véndonos cando subades a biblio .

luns, 24 de outubro de 2022

 EFEMÉRIDES


Boas meus ratiños e ratiñas:

Hoxe é o noso gran día porque é...


O DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!!!

Lembrade que se elixiu ese día en recordo da destrucción da biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto dos Balcáns.

Coma sempre. se queredes coñecer máis cousas e investigar este suceso, visitade a nosa biblio.

 Aproveitando este gran día, botádelle un ollo a este titorial para saber cómo funcionan os empréstitos e devolucións de fondos.




Se che gustaría ser un bibliotecario ou bibliotecaria, visítanos tamén para ir aprendendo.

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!!




domingo, 25 de outubro de 2020

CELEBRANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS

 NA BIBLIO.ROSALÍA CONTINUAMOS FESTEXANDO O DÍA DAS BIBLIOTECAS E FACÉMOLO DA MELLOR FORMA POSIBLE...

PARA ELO SIRIA VOS RECOMENDA OS SEGUINTES LIBROS.

SE FACEDES CLICK NAS IMÁXENES LEVARAVOS AOS SEUS BOOKTRAILERS OU A UNHA MOSTRA DO LIBRO.









sábado, 24 de outubro de 2020

24 de OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. 

Este ano a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' invitándonos a centrarnos en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia.

PODEDES FACER UNHA VISITA VRTUAL DA MAN DA NOSA MASCOTA POR AQLUNHAS BIBLIOTECAS INTERESANTES.


Agardamos que teñadas un bo día das bibliotecas.