Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTIVIDADES. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de outubro de 2026

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS E RECUNCHO DE INCLUSIÓN


O alumnado de sexto compartiu as súas experiencias lectoras durante as vacacións do verán.

Comezaron cun faladoiro sobre as súas lecturas de verán, quen leu, por que, onde e cando, ademáis de comentar os argumentos dos libros.



Descubrimos libros que leron por placer, por curiosidade ou para combater o aburrimento.

Creamos así un recuncho de recomendacións que se converta no punto de encontro de lectores e lectoras e axude a descubrir novas historias e aventuras, porque cada lectura é unha experiencia diferente, e cada opinión conta.





Creamos un podcast con estas recomendacións:






Acudide ao final desta publicación para escoitar os podcast.







Deixamos por aquí tamén o recuncho onde están depositados os materiais da maleta viaxeira de inclusión que solicitamos en préstamo a Bibliotecas escolares, que estará na biblio por un mes e que pode consultar e manexar o alumnado e docentes de todo o cole.




 OUTONO


Para abrir boca comezamos cunha actividade sobre o outono na que hai que localizar palabras que teñan que ver con esta estación do ano para elaborar con elas un pequeno relato.








 LECTURA E FAMILIAS I


Dende a biblio do Rosalía consideramos fundamental a axuda das familias no traballo coa lectura e a escrita, xa dende o alumnado máis cativo.


Por isto programamos unha serie de actividades colaborativas escola-familia, para implicar a estas últimas na aprendizaxe e mellora da competencia lectora no alumnado, comezando xa dende a etapa infantil.


 Aproveitamos a proposición dunha familiar dunha alumna, para vir facer unha mostra de pandeireta tradicional e baile galego aos máis pequenos do cole, que logo seguimos investigando a través dun libro desta temática:









Onte organizamos unha nova xornada colaborativa e de convivencia do alumnado de sexto de infantil e primeiro e segundo de primaria, pedindo  familias voluntarias para vir e lernos un conto de outono, no entorno cercano do Santiaguiño do monte, acompañándonos no paseo ata o lugar.















Estes foron os títulos seleccionados







Despois aproveitamos para facer unha recollida de elementos otoñais para montar mandalas naturais.












Para rematar a xornada merendamos de picnic.




Dende aquí agradecemos a colaboración dos voluntarios e voluntarias lectores.

luns, 19 de outubro de 2026

 MOSTRA DE CINEMA  FOCO DO CONCELLO DE PADRÓN


Na xornada do xoves 15 de outubro, a biblioteca acolleu a proxección de "A Marola", curtametraxe de Ángel de la Cruz,  colaborando así coa  II mostra de cinema galego FOCO, organizado polo concello de Padrón.

A temática desta curta é a loita pola integración de xovenes inmigrantes que chegaron a Galicia buscando unha oportunidade.


O visionado completouse coa visita e coloquio  de Barry Elhadj Mamadou, que traballa nun centro de acollida de A Coruña, e tamén asistiu o codirector e programador do colectivo social FOCO: Ismael Romarís.










A biblioteca colabora así co equipo de convivencia