CONTACONTOS
De novo os colaboradores e colaboradoras da biblioteca exercen de contacontos para toda a cativada.
Nesta ocasión con relatos de Nadal.
CONTACONTOS INFANTIL
Ola ratiños e ratiñas, qué tal estades?
O pasado martes día 20 tivemos a visita de Julia, unha profe do primeiro ciclo de Educación Infantil que veu a presentarnos un conto chulísimo que ela mesma escribeu.
O título do conto é "Un extraño en la granja" e fala da diversidade e da importancia de traballala, integrala e aceptala, xa que todos e todas somos diferentes.
Lembrade que os beneficios da venta deste conto serán doados ao proxecto creado no Hospital Clínico de Santiago para mellorara asistencia, docencia e investigación pediátrica.
Nos dende a biblio xa temos os nosos exemplares encargados, esperamos que cando os teñamos, volva Julia e os asine.
Este curso volve a facer trasnadas polo cole e por si fora pouco, meteusenos na biblio!!!
Queredes axudarnos a atopalo? SIIII? Pois atendede as instruccións:
SAMAÍN 2021
Benvidos ratiños e ratiñas de biblioteca a este recuncho escalofriante do SAMAÍN!!!!
Para que desfrutedes nesta data, deixámosvos dous contos SUPER TERRORÍFICOS!!!!! para pasares un día de medo.
Xa que esta celebración ten orixe celta, e en Irlanda lle chaman Halloween, escollemos un relato en galego, e outro moi faciliño en inglés. Este último moi ben narrado polo noso auxiliar de conversa Sumit.
Agardamos que vos arrepíen moito e o pasedes xenial con eles!!!!
FELIZ SAMAÍN!!!!🎃🎃