Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta curso 2021/2022. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta curso 2021/2022. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de xuño de 2022

 A BIBLIO SEGUE EN MARCHA

Atención ratiños e ratiñas: os nenos e nenas de 2ºA usaron a biblioteca para investigar sobre as árbores, e fixeron un traballo fantástico que nos están a explicar aos demáis compañeiros e compañeiras.

QUÉ BO TRABALLO RAPACES E RAPAZAS!!!

Canto aprendemos nesta biblio!!!









mércores, 8 de xuño de 2022

 TRABALLO NA BIBLIO

Ola a todos e todas: os alumnos e alumnas de sexto están a traballar o TEXTO PRESCRIPTIVO, e aproveitaron para facer unha receita de gofres espectacular!!


Estaba rico, rico!!! 

Bravo futuros chefs!!!!






























luns, 6 de xuño de 2022

 REMATE DO CURSO


Ratiños e ratiñas, chegamos así ao remate deste curso 2021/2022.

Foron moitas as actividades que propuxemos dende a biblioteca, ademáis de exposicións, charlas e experiencias de todo tipo.

A continuación deixámosvos uns vídeos onde resumimos en imaxes todo o traballo feito neste curso.

Esperamos que aprendérades moito e desfrutarades tamén con nós neste ano, e esperamos que para o vindeiro sexa todo moito mellor.

Desfrutade do verán e vémonos en setembro!!!!!


PRIMEIRO TRIMESTRE




SEGUNDO TRIMESTRE

 



 TERCEIRO TRIMESTRE





martes, 24 de maio de 2022

 FEIRA DO LIBRO


Ratiños e ratiñas, éxito absoluto da nosa FEIRA DO LIBRO 2022!!!!

Como última actividade dentro da conmemoración do día das Letras Galegas, organizamos unha feira do libro na nosa biblio, que foi un éxito rotundo de visitas e vendas.

Podedes ver nas fotos como rapaces, rapazas, profes e familias visitaron a feira e mercaron exemplares.

Noraboa polas vosas adquisicións e que desfrutedes das lecturas un montón!!!















A libreira regalounos tamén algúns exemplares para a nosa biblio.



martes, 17 de maio de 2022

 DIA  DAS  LETRAS  GALEGAS: 17 DE MAIO 2022


FLORECIO DELGADO GURRIARÁN


Qué tal ratiños e ratiñas? Hoxe tráiovos unha conmemoración moi, moi importante para as nosas letras, e o.....


DÍA  DAS  LETRAS  GALEGAS!!!

Con esta data tentamos dar visibilidade, apoiar e reivindicar a nosa lingua e o noso idioma, así como todos os usos e producións que se fan nel. 

Lembrade que fai tempo era un idioma prohibido, por iso son tan importantes os autores e autoras que seguiron a utilizalo, ocupándose da súa conservación, e divulgación, evitando o seu esquecemento e a súa perda.

Escolleuse a data do 17 de maio de 1963 para a conmemoración, xa que coincide co centenario da primeira edición do libro Cantares Gallegos, da nosa querida Rosalía Castro, e dende esa, celébrase anualmente.

Por isto, cada ano se adica este día a un autor ou autora de textos en galego, tanto narrativos, poéticos, ensaísticos ... este ano 2022, o homenaxeado e...


FLORENCIO  DELGADO  GURRIARÁN

Avogado e poeta galego, a súa obra esta recollida en libros como Bebedeira, Galicia infinda, Cantarenas, Poemas e O soño do guieiro.









CANTARENAS

No augaforte a taberna
Hai uns risoños cintilos:
os ollares de augardente
e a gaseosa do sorriso
da filla do taberneiro,
toda mel, toda feitizo


                                            BEBEDEIRA

                                       A rosiña está a chorar;

                                    o piñeiro está a carpir;
                                    a rosiña e mais o vento
                                    van lonxe, no seu fuxir

                                                                     PREME AQUÍ PARA SABER MÁIS

xoves, 12 de maio de 2022

 PREPARANDO UN GRAN DÍA


Ratiños e ratiñas, xa estamos comezando con actividades para a celebración dun gran día para todos nós, o día das Letras Galegas.


Os compañeiros e compañeiras de 4ºB escribiron uns microrrelatos en galego chulísimos traballando coa nosa lingua.








Aquí podedes leer mellor estas fantásticas creacións;

:  


sábado, 23 de abril de 2022

 DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR 2022

Ei!! ratiños e ratiñas, hoxe é un día moi importante, o noso día máis especial:

DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR!!

Unha celebración para promover o disfrute dos libros e a lectura.
A data elixida pola UNESCO para esta efeméride e o 23 de abril, xa que coincide co pasamento de escritores moi relevantes a nivel mundial como William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. 
Este día rende homenaxe aos libros e aos autores e autoras e fomenta o acceso a lectura ao maior número de persoas posible.
Ao defender os dereitos de autor tamén, foméntase a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento.

SHAKESPEARE, CERVANTES, INCA GARCILASO



EICHE CONTAR UN CONTO



LA CEBRA CAMILA

AQUÍ TES UN MARCAPAXINAS PARA DECORAR E MONTAR

.








sábado, 2 de abril de 2022

 DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Aquí seguimos, ratiños e ratiñas, celebrando datas importantes:

O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

A celebración desta data pretende despertar o interese e amor polos libros e a lectura, en nenos e xovenes, e facer de esto un hábito de vida.

Escolleuse o 2 de abril para a conmemoración xa que é a data de nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés creador dalgúns dos contos clásicos máis lidos en todo o mundo, como: O PARRULO FEO, O SOLDADIÑO DE CHUMBO, A SIRENIÑA  ou PULGARCIÑA.



HANS CHRISTIAN ANDERSEN






venres, 1 de abril de 2022

 DÍA DAS ARTES GALEGAS 2022 ADICADO A LAXEIRO


Qué tal de novo ratiños e ratiñas? Xa temos outra celebración á vista:

O DÍA DAS ARTES GALEGAS

O día 1 de abril, foi o elixido pola Real Academia Galega de Belas Artes para celebrar o Día das Artes Galegas, en memoria da mesma xornada do ano 1188, data constatada nos dinteis do Pórtico da Gloria coa que se certifica que a obra do Pórtico foi dirixida dende os seus cimentos polo Mestre Mateo.

Cada ano, esta efeméride adícase a un artista ou unha artista relevante do panorama galego.

  • Ano 2015: MAESTRO MATEO
  • Ano 2016ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO
  • Ano 2017: MARUJA MALLO
  • Ano 2018: ALEJANDRO DE LA SOTA
  • Ano 2019: LUIS SEOANE
  • Anos 2020-2021: DOMINGO DE ANDRADE

  No 2022 o homenaxeado será Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como LAXEIRO, pintor galego pertencente ao grupo "Os Renovadores"dentro da vangarda artística galega.




PREME AQUÍ PARA SABER MÁIS

luns, 7 de marzo de 2022

 DIA DA MULLER 8 MARZO

Ola ratiños e ratiñas, temos nova celebración importante:

 O DÍA DA MULLER.

Esta efeméride conmemórase o 8 de marzo, xa que foi o día no que no ano 1908 milleiros de traballadoras do sector textil en Nova York saíron a rúa en folga para protestar polas míseras condicións laborais, e reinvindicar un recorte do horario, e o fin do traballo infantil.

O seu lema era "PAN E ROSAS" e foi unha das primeiras manifestacións para loitar polos seus dereitos.






martes, 22 de febreiro de 2022

 DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO




Qué tal ratiños e ratiñas? Achégase un día moi importante que festexar: O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

Xa sabedes que Rosalía é a escritora padronesa que da nome ao noso cole, e o día 23 de febreiro, celebramos o seu aniversario, xa que esta é a data do seu nacemento.

O día de Rosalía convirteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. Unha data que ata o de agora e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poetisa, celebrábase o 24 de febreiro, día que recibeu o bautismo.

Así puxemos un recuncho na biblioteca coa súa obra, montamos unha silueta de Rosalía e escribimos un dos seus poemas relacionandoo coa temática do proxecto deste ano: A MÚSICA














martes, 8 de febreiro de 2022

 DIA INTERNACIONAL DA MULLER  E A NENA NA CIENCIA,( 11 de febreiro)

Ratiños e ratiñas: dende a biblio do Rosalía, facémonos eco desta importante data, compartindo a información proporcionada pola Rede de bibliotecas escolares de Galicia.




sábado, 29 de xaneiro de 2022

 DIA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

30 DE XANEIRO

Ola ratiños e ratiñas: 

Hoxe, nas novas da  biblio,  falaremos do Día escolar da non violencia e a paz.

O día 30 de xaneiro de 1948 foi asaninado o avogado e activista indio Mahatma Gandhi, recoñecido loitador polos dereitos da poboación india usando a resistencia  pacífica e promovendo a loita non violenta.

Por iso elixiuse a data do 30 de xaneiro, para lembrar a principal figura da resistencia pacífica no mundo.
















O traballo e a conciencia da paz é tan importante, que existe un premio Nóbel para as persoas, colectivos e/ou organizacións que traballan pola paz. Aquí tedes unha imaxe dalguns dos galardoados.











Outros artistas fixeron as súas propias reivindicacións de paz, a través das súas obras


Pintores como Picasso a través da súa pintura





Músicos como John Lennon a través das súas cancións




Autores literarios como Gloria Fuertes a través dos seus escritos




Contos e historias para nenos e nenas







Recuncho na nosa biblio adicado a temas de paz


E vos, ratiños e ratiñas? Cómo traballades pola paz? Explicádenolo nos comentarios 👇👇👇