Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta #25N. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #25N. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de novembro de 2024


 DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER:

 25 NOVEMBRO






Para conmemorar esta efeméride, fixemos no cole varias actividades:

Mural colaborativo 














Lectura e escenificación de contos
A rapazada de segundo, representou este conto á rapazada de primeiro












O alumnado de primaria participou no concurso de debuxo proposto polo Concello de Padrón sobre a violencia contra a muller e o alumnado de infantil participou na actividade tamén ofertada polo Concello de Padrón, facendo uns murais colaborativos.



martes, 28 de novembro de 2023

 ACTIVIDADES DE NOVEMBRO


Ola ratiños e ratiñas:

Tivemos uns problemas técnicos coa aplicación na que facemos este blog por iso estivo uns días sin moito movemento, aínda que no cole seguimos a traballar arreo.

En novembro celebramos o mes da ciencia na biblioteca e tamén o 25 N Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as mulleres.

En canto a esta conmemoración especial salientamos que os alumnos e alumnas de 6º curso, pasaron polas aulas ensinandonos a cantar "la puerta violeta" de Rozalén en linguaxe de signos, ademáis decoramos unhas bolboretas que encheron a árbore da entrada de mensaxes de apoio as vítimas desta violencia.

Coma sempre, expuxemos unha chea de fondos da biblioteca relacionados con esta temática, e participamos nas propostas do concello: O concurso de debuxo e o contacontos: "o monstruo de cores", para os máis peques. 









No mes da ciencia na biblio, fixemos uns experimentos de flotación e expuxemos unha mostra dos  nosos fondos científicos.











Acollemos tamén na biblio unha charla informativa a cargo de profesionais da Facultade de Óptica de Santiago sobre saúde ocular e a importancia das revisións periódicas da vista para detectar e previr posibles problemas visuais.






venres, 25 de novembro de 2022

 EFEMÉRIDES

Qué tal ratiños e ratiñas?

Aquí vos deixo unhas imaxes sobre os materiais que temos na biblio para conmemorar o 25 de Novembro, 

DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.












Si queredes saber máis sobre esta importante data, invítovos a que busquedes a publicación no blogue do ano pasado e alí atoparedes máis información.

E coma sempre, vide a biblio e investigade sobre esta efeméride tan importante.

La puerta violeta (Rozalén)



xoves, 25 de novembro de 2021


 SABÍAS QUE?  25N

Hoxe 25 de novembro celébrase o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres.

Estableceuno a ONU, en lembranza do asasinato da activista dominicana Minerva Mirabal e as súas irmáns, no ano 1960. 

Elas loitaban polos dereitos da mulleres e a igualdade.

Na nosa biblio temos materiais para traballar esta temática. Visitádea e desfrutade aprendendo!!!






mércores, 25 de novembro de 2020

#25 N: O BO TRATO TAMÉN E COOPERACIÓN, SOLIDARIEDADE E IGUALDADE.

HOXE CONMEMÓRASE O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.


A SEGUINTE PRESENTACIÓN É UNHA PROPOSTA DE CONTOS E CANCIÓNS, PARA CONVERSAR, TRABALLAR E ENTENDER QUE A IGUALDADE E O RESPECTO SON A BASE DUNHA BOA SOCIEDADE, E PARA DICIR NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO.



OS CONTOS PODEDES ATOPÁLOS NA BIBLIO.ROSALÍA E DEMANDARLLO AOS TITORES PARA VER NA HORA DE LER.