Páxinas

sábado, 24 de outubro de 2026

 DIA DAS BIBLIOTECAS 

24 OUTUBRO


Boas ratiños e ratiñas e...

FELIZ DIA DAS BIBLIOTECAS!!




Que mellor maneira de celebrar esta data que facendo uso da nosa biblio e desfrutando de todos os seus recunchos e propostas.

Aproveitamos para animarvos a visitala aos rapaces e rapazas que aínda non a coñecedes, e para agradecer aos colaboradores e colaboradoras, a súa axuda na xestión e no bo funcionamento de todas as propostas que este lugar nos ofrece, e que vos deixamos nestas imaxes:











Os máis pequenos tamén coñecen e traballan na biblio.








Ademáis dunha gran cantidade e variedade de fondos clasificados segundo a CDU, podedes atopar na nosa biblio todos estes recunchos:

Exposicións e maletas viaxeiras



Zona de xogos de mesa:


Espazo fedelleiro:



Recuncho diverso (NOVO):



Saliña dos máis pequenos:


Estudio de radio ROSALÍA NAS ONDAS




Vedes cantas cousas agardan por vos??
Vinde a biblio a pasalo ben!!





martes, 20 de outubro de 2026

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS E RECUNCHO DE INCLUSIÓN


O alumnado de sexto compartiu as súas experiencias lectoras durante as vacacións do verán.

Comezaron cun faladoiro sobre as súas lecturas de verán, quen leu, por que, onde e cando, ademáis de comentar os argumentos dos libros.



Descubrimos libros que leron por placer, por curiosidade ou para combater o aburrimento.

Creamos así un recuncho de recomendacións que se converta no punto de encontro de lectores e lectoras e axude a descubrir novas historias e aventuras, porque cada lectura é unha experiencia diferente, e cada opinión conta.





Creamos un podcast con estas recomendacións:






Acudide ao final desta publicación para escoitar os podcast.







Deixamos por aquí tamén o recuncho onde están depositados os materiais da maleta viaxeira de inclusión que solicitamos en préstamo a Bibliotecas escolares, que estará na biblio por un mes e que pode consultar e manexar o alumnado e docentes de todo o cole.




 OUTONO


Para abrir boca comezamos cunha actividade sobre o outono na que hai que localizar palabras que teñan que ver con esta estación do ano para elaborar con elas un pequeno relato.








 LECTURA E FAMILIAS I


Dende a biblio do Rosalía consideramos fundamental a axuda das familias no traballo coa lectura e a escrita, xa dende o alumnado máis cativo.


Por isto programamos unha serie de actividades colaborativas escola-familia, para implicar a estas últimas na aprendizaxe e mellora da competencia lectora no alumnado, comezando xa dende a etapa infantil.


 Aproveitamos a proposición dunha familiar dunha alumna, para vir facer unha mostra de pandeireta tradicional e baile galego aos máis pequenos do cole, que logo seguimos investigando a través dun libro desta temática:









Onte organizamos unha nova xornada colaborativa e de convivencia do alumnado de sexto de infantil e primeiro e segundo de primaria, pedindo  familias voluntarias para vir e lernos un conto de outono, no entorno cercano do Santiaguiño do monte, acompañándonos no paseo ata o lugar.















Estes foron os títulos seleccionados







Despois aproveitamos para facer unha recollida de elementos otoñais para montar mandalas naturais.












Para rematar a xornada merendamos de picnic.




Dende aquí agradecemos a colaboración dos voluntarios e voluntarias lectores.