Páxinas

sábado, 18 de xaneiro de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa pusemos a andar todas as mochilas viaxeiras da biblioteca. Entre esta e a semana pasada, todas as mochilas sairon da biblioteca e foron repartidas polas aulas, dende Educ.  Infantil ata Educ. Primaria.


Agardamos que vos guste o material seleccionado e participedes na creación do 
"Herbario do Rosalía".

 Dentro de pouco teremos listas tamén as mochilas viaxeiras das familias, irémosvos informando por aquí de como solicitalas.

luns, 13 de xaneiro de 2020

2ª QUEDADA LITERARIA

O venres levamos a cabo a volta da 2ª Quedada Literaria co CEIP Flavia. 

Desta vez foi o noso alumnado de 5º o encargado de achegarse a Flavioteca e contarlle uns contos ao alumnado de infantil e 1° curso de Educ. Primaria do colexio veciño.











Pasámolo moi ben e disfrutamos moito coa experiencia.

Ademais invitáronnos a merendar para coller forzas de volta ao cole.