Páxinas

martes, 23 de febreiro de 2021

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

 Hoxe 24 de Febrero é o aniversario de Rosalía de Castro

O alumnado do noso cole preparou un recitado de poemas para homenaxear a poetisa. 

Aquí vos deixamos os seus vídeos para que disfrutedes dos poemas de Rosalía. 


















NORABOA A TODOS E TODAS POR HOMENAXEAR A ROSALÍA DE CASTRO CON ESTE RECITADO DE POESÍA.

luns, 22 de febreiro de 2021

RECUNCHO DE ROSALÍA DE CASTRO NA BIBLIO. ROSALÍA

 NA BIBLIO.ROSALÍA TEMOS UN RECUNCHO DE LIBROS COA BIOGRAFÍA E OBRA DA POETISA QUE DA NOME A NOSA ESCOLA. 

PODEDES PERDIRLLOS AOS VOSOS TITORES PARA LEVALOS A AULA NA BIBLIO.MOBIL.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTEN. 

domingo, 21 de febreiro de 2021

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 Dende a biblio.rosalía temos organizado un bonito homenaxe a escritora Rosalía de Castro, e esta semana comezamos estudando a súa vida e obra.

Deixovos este vídeo, un "Draw My Life" narrado por unha alumna do Colexio San Pío X (Ourense):

(As ilustracións foron obtidas do vídeo orixinal en castelán publicado en maio de 2019 polo equipo "TikTak Draw" de YouTube, e que lle outorgou autorización ao Colexio. Tamén contaron coa axuda da Fundación Rosalía de Castro, que participou na revisión dos datos biográficos.) 

E estes xogos elaborados por diferentes mestres de numerosos centros galegos:  

*24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA (información, xogos, contos, unidades didácticas,...)

*Rosalía de Castro dende a biblioteca do CEIP de Atín- Cela (biografía, obras, cantos a Rosalía, radio, noticias, xogos...)

* DESCUBRINDO A ROSALÍA (xogo de escapismo da A.S.S)

* QUE SABES DE ROSALÍA? (quiz)

Ademais dende o CEIP Saco e Arce de Toén, comparten con todas as bibliotecas escolares galegas o seguinte panel onde podedes escoitar as cancións que vos gusten cos poemas da poetisa.

sábado, 20 de febreiro de 2021

CONTADAS DENDE AS CASAS

 HOXE TRAEMOS UNHA CONTADA DENDE AS CASAS.

A TEACHER FERNANDA NÁRRANOS O CONTO: "BROWN BEAR, BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE?"

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE:



A VINDEIRA SEMANA PRESENTARÉMOSVOS A NOSA HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO POLO SEU DÍA.

MENTRES TANTO DEIXÁMOSVOS ESTE QUEBRACABEZAS DA POETISA PADRONESA QUE DA NOME AO NOSO CENTRO.



xoves, 11 de febreiro de 2021

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro celébrase o Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia


 Dende a biblio.rosalía, queremos deixarvos uns materiais que poden ser de utilidade para conmemorar esta data. 



Ademais na biblioteca atoparedes unha exposición con libros desta temática, por se vos poden resultar de interese. 

Podedes pedirllos aos vosos titores para que volos leven as aulas na biblio.mobil.

 


luns, 8 de febreiro de 2021

ENTROIDO NA BIBLIO.ROSALÍA

 COMEZAMOS  A SEMANA DE ENTROIDO, E PARA ELO NA BIBLIO.ROSALÍA CREAMOS UN RECUNCHIÑO CON LIBROS SOBRE ESTA TEMÁTICA. 


ADEMAIS COLABORAMOS CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA NA CREACIÓN  DO RECUNCHO PARA AS MANDAS DO MECO NA ENTRADA DO COLEXIO.

ESPERAMOS QUE PASEDES UNHA BOA SEMANA DE ENTROIDO E POIDADES DISFRUTAR DESTA FESTA AÍNDA QUE SEXA DUN XEITO DIFERENTE ESTE ANO.




martes, 2 de febreiro de 2021

CONTACONTOS PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ

 COMO VOS COMENTÁBAMOS NA ENTRADA ANTERIOR O EQUIPO DE EXTRAESCOLARES QUIXO CONMEMORAR O DÍA DA PAZ CUNS CONTACONTOS MOI ESPECIAIS. 

PODEDES DISFRUTAR DELES ACCEDENDO A PÁXINA WEB DO COLE CLICANDO NA IMAXE.

(imaxe e texto do equipo de extraescolares do CEIP Rosalía de Castro)

OU SE QUEREDES VELOS DENDE AQUÍ PODEDES FACELO CLICANDO NA PORTADA DE CADA LIBRO:




GRAZAS AO EQUIPO DE EXTRAESCOLARES POR PROPOR ESTA ACTIVIDAE E MONTAR ESTES VIDEOS TAN FERMOSOS, E A TODOS OS MESTRES E ALUMNADO POR CONMEMORAR A PAZ A TRAVÉS DA NARRACIÓN DESTES BONITOS CONTOS.