Páxinas

xoves, 26 de outubro de 2023

 VISITA DE JULIO VERNE

O pasado día venres 13 de outubro visitounos o famoso escritor Julio Verne!

Recibímolo na biblioteca e tamén por algunhas aulas.

Tróuxonos unhas novelas INCRIBLES! Tamén falounos da súa vida e dos acontecementos polos que tivo finxir a súa morte(asuntos turbios😏).

Foi unha visita que nos gustou moito e na que aprendemos moitas cousas...











mércores, 25 de outubro de 2023

 VISITAS NA BIBLIO


Hoxe tivemos unha nova visita na biblio.

Acompañounos Juan Pedro Blanco Mira "Juampe", un aventureiro de Brión que decidiu un día coller a súa bicicleta e sair a explorar o mundo sen máis equipaxe que a súa tenda de campaña, un saco de durmir e unha botella para ducharse.

Juampe falounos e amosounos paisaxes que visitou coa sua bicicleta, coma os Alpes, animáis que atopou no seu camiño, (chegou case a Turquía!!!) e falounos de como  é viaxar só e case sen nada, convertíndose esta aventura nunha experiencia de supervivencia case extrema.

Tamén plasmou a sua ruta e vivencias nun libro que por suposto está a vosa disposición na biblio.



Entusiasmounos a historia de Juampe, fixémoslle unha chea de preguntas e aprendemos unha morea de cousas interesantes.

Lembrade que podedes seguir as súas aventuras na súa canle de Youtube, ou no perfil de Instagram MundoSinRumbo.

Grazas Juampe!!












martes, 24 de outubro de 2023

 ACTIVIDADES DE OUTUBRO


Ola ratiños e ratiñas: hoxe nos, Leo e Páxina as mascotas da vosa biblio temos unhas novas que darvos:

TEMOS NOVOS BLOGUEIROS E BLOGUEIRAS NA BIBLIO!!

Os alumnos e alumnas de sexto curso de primaria, a partires de agora van ser os encargados de manexar o blog e transmitirvos todas as novas que acontecen na biblio e tamén no cole Rosalía.

Ainda están aprendendo a xestionalo pero si visitades a publicación anterior, a da visita de Julio Verne, esa foi a súa primeira achega.







Antes de despedirnos non nos esquecemos de amosarvos a entrevista que o alumnado de sexto fixo a unha persoa do colectivo LGTBIQ+ co gallo do Día da saída do armario, para coñecer de primeira man o significado desta efeméride 







E para conmemorar o...

 DIA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe 24 de outubro, o alumnado de sexto preparou unha sesión de contacontos dirixida aos máis pequenos e pequenas do cole, o alumnado de infantil e de primeiro de primaria. Foi todo un éxito.
























Deste xeito decímosvos: ATA LOGO!!  deixándovos en moi boas mans, as destes fantásticos blogueiros e blogueiras, pero seguiremos véndonos cando subades a biblio .

mércores, 18 de outubro de 2023

 COÑECENDO A JULIO VERNE

Este ano coñeceremos a Julio Verne no noso colexio Rosalia.🌟

E un escritor frances , que escribeu moitas novelas de aventuras e viaxes.🌍

Na entrada do cole temos unha exposición dos seus libros e fotos súas .👨

E estamolo buscando polo cole, xa que nos corredores hai carteis del cunha recompensa de 20.000 libros.📚