Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturas. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de xuño de 2023

 CONTACONTOS INFANTIL


Ola ratiños e ratiñas, qué tal estades?

O pasado martes día 20 tivemos a visita de Julia, unha profe do primeiro ciclo de Educación Infantil que veu a presentarnos un conto chulísimo que ela mesma escribeu.

O título do conto é "Un extraño en la granja" e fala da diversidade e da importancia de traballala, integrala e aceptala, xa que todos e todas somos diferentes.

Lembrade que os beneficios da venta deste conto serán doados ao proxecto creado no Hospital Clínico de Santiago para mellorara asistencia, docencia e investigación pediátrica.

Nos dende a biblio xa temos os nosos exemplares encargados, esperamos que cando os teñamos, volva Julia e os asine.







xoves, 15 de xuño de 2023

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN


Ola ratiños e ratiñas, Leo e Páxina estivemos a investigar sobre novas lecturas que vos poden gustar para entretervos no verán e seguir cos vosos hábitos lectores.


Son novidades moi fresquiñas que esperamos que disfrutedes moito.

Lembrade que aquí pretiño temos estupendas librarías e bibliotecas que nos poden axudar a conseguir estes títulos e moitos outros máis, facédelle unha visitiña e desfrutade do seu asesoramento e fondos.


Esperamos que vos gusten moito!!!

Un saúdo de Leo e Páxina




luns, 15 de novembro de 2021

QUÈ TIPO DE LECTOR ES?


Gozas coa lectura? E que tipo de lector es? Cal é o teu estilo? 

Nesta infografía podes descubrilo.

 Anímaste a compartilo con nós abaixo nos comentarios? Así poderemos axudarche mellor a escoller as túas lecturas. Dille a túa familia que o faga tamén, resultaravos divertido!!