CLUBE DE LECTURA
Última sesión do clube de lectura neste trimestre.
Como agasallo obtiveron un marcapáxinas por ser tan grandes lectores e lectoras.
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA
Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Conselleria de Educación, Ciencia, Formación Profesional e Universidades, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Felipe Criado-Boado, arqueólogo e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. Foi Premio nacional de investigación 2023.
Dende a biblio do Rosalia impulsamos a realización de diferentes experiencias e actuacións relacionadas coa ciencia, durante os periodos de lecer onde alumnado e mestres amosan e explican aos seus compañeiros experimentos que investigaron e prepararon.
Densidade dos líquidos.
Tamén fixemos unha exposición de fondos relacionados coa temática científica.
Por outra banda, facémonos eco dunha experiencia levada a cabo na aula de 6º de infantil: uns pitiños con presa por nacer!!
Damos a benvida a dous novos membros á nosa comunidade educativa, nados aquí mesmo no Rosalía, trátase dos poliños: Calimero e Kirikú.
Rematamos cunha recomendación de peliculas sobre temas científicos.
PROXECTO RIOS
O pasado venres a biblioteca acolleu unha actividade enmarcada dentro do Proxecto Ríos, destinada ao alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.
Unha científica de Augas de Galicia amosou a rapazada a importancia da auga nas nosas vidas e como coidar este ben tan necesario.
Relacionado cos ríos tentou amosar e concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia de respectar os cauces dos ríos, a utilidade das areas e das pedras que se atopan neles, e falou tamén das inundacións: as causas e consecuencias.
E todo isto a través dunhas actividades moi interesantes e divertidas.