Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta #orosalíaficanacasa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #orosalíaficanacasa. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de xullo de 2020

SESIÓN DE ASTRONOMÍA


Hoxe propoñémosvos un plan moi divertido para achegarnos ao mundo da astronomía.

Ademais podedes disfrutar mañá mércores 15 de xullo dunha homenaxe a Rosalía e observar a súa estrela.



martes, 7 de xullo de 2020

NOVAS DE XULLO. AXENDA CULTURAL

Ola nenos e nenas!!!

Dende o concello de Padrón ofértanse
diferentes actividades para o verán. 
Esperamos que vos gusten.



Tamén abreu o prazo de matrícula para o vindeiro curso escolar dalgunhas actividades:


Iremos colgando as actividades da axenda de verán do concello de Padrón .



martes, 23 de xuño de 2020

#euquedonacasa CONTACTO CON AUTORES

Estes días recibimos no correo da BIBLIO.ROSALÍA unha mensaxe moi especial.
 A escritora Paula Carballeira, que nos axudou a viaxar a través dos libros que limos este ano como:



Deixounos unha mensaxe para os nenos e nenas do CEIP Rosalía de Castro.

ESTE VERÁN SEGUIR LENDO E VIAXANDO A TRAVÉS DOS LIBROS.



venres, 12 de xuño de 2020

#orosaliaficanacasa LECTURAS PARA O VERÁN

Aínda que dunha maneira un pouco diferente, estase achegando o fin do curso escolar 2019-2020.
Os libros, a música, o cine, os xogos,... son os mellores medios de transporte cara un mundo de imaxinación e fantasía, e os mellores instrumentos para seguir aprendendo e coñecendo o mundo que nos rodea, todo isto puidemos comprobalo nestes tempos de confinamento. 
Por iso, como noutras ocasións, dende a Biblio.Rosalía e a Flavioteca (biblioteca do CEIP Flavia), compartimos con toda a comunidade educativa as nosas recomendacións lectoras para que as usedes de guía nas vosas futuras compras e disfrutedes deste verán.

Poderedes consultar esta guía a partir do luns  na Biblioteca Pública e nas librerías do concello.
Moitas grazas pola vosa participación nas actividades, retos e propostas feitas dende a Biblio.Rosalía (durante todo o curso, antes e durante o confinamento)
Seguiremos propoñendo cousas no blogue da biblioteca durante o verán, polo que non esquezades seguir visitándonos.



martes, 9 de xuño de 2020

#orosalíaficanacasa AXENDA CULTURAL MES DE XUÑO


COA APERTURA DAS NOSAS CASAS E RÚAS, NAS NOVAS FASES QUE IMOS CONQUISTANDO DESTE ESTADO DE ALARMA, COMEZAN A OFERTARSE NOVAS ACTIVIDADES DENDE O CONCELLO DE PADRÓN, E A BIBLIO.ROSALÍA QUERE SEGUIR SENDO UNHA FIESTRA ABERTA NA QUE POIDADES CONSULTAR A AXENDA CULTURAL DO MES DE XUÑO:

ESTAS SON AS NORMAS PARA ACCEDER DE NOVO A BIBLIOTECA DO NOSO CONCELLO:


luns, 8 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS #euquedonacasa

HOXE CONMEMORAMOS O ...

PARA RECORDAR A TODO O MUNDO O GRAN PAPEL QUE ESTES XOGAN NA NOSA VIDA. ELES SON OS PULMÓNS DO NOSO PLANETA E OS QUE XENERAN A MAIORÍA DO OSÍXENO QUE RESPIRAMOS.

O PROPÓSITO DESTE DÍA É CONCIENCIARNOS SOBRE AS CONSECUENCIAS QUE A ACTIVIDADE HUMANA TEN PARA OS OCÉANOS E POÑER EN MARCHA UN MOVEMENTO MUNDIAL CIDADÁ A FAVOR DA SÚA SALVAGARDA.


RECORDADE!!!


domingo, 7 de xuño de 2020

#euquedonacasa CONTADA dende a casa


Hoxe volve ao recuncho das "CONTADAS dende as casas"
Noa Santana Sixto, que co seu pai (Juan José Santana) se anima a contar un conto para o recuncho da Biblio.Rosalía.



Podedes ademais escoitar a canción deste conto.


Ou ler o conto con este libro interactivo de pictogramas adaptado por Aula TEA de los Soles.
(fai click na portada do conto)






venres, 5 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE #euquedonacasa


O Día Mundial do Medio Ambiente  celébrase o 5 de xuño, dende o ano 1973. 
Esta data foi proclamada pola ONU en 1972, co obxectivo de sensibilizar á poboación mundial en relación a temas ambientais e  no respeto do medio ambiente.

 Polo tanto, é fundamental que nos convirtámonos en axentes activos do desenvolvemento sostible e no cambio de actitude cara temas ambientales.

Por iso hoxe poñemos á vosa disposición distintos recursos e actividades interactivas que explican a importancia do coidado do medio ambiente, así como as medidas que podemos empregar dende os nosos fogares para salvar o noso planeta e contribuír a unha mellora no medio ambiente.

Conto:

Programa de OS BOLECHAS "Os tres erres":


Programa de Os BOLECHAS "Sabes a cor do colector":


Xogos interactivos de reciclaxe:

Xogos para o coidado dos bosques:



Podedes imprimir ademais este  MEMORY relacionado coa reciclaxe:






mércores, 3 de xuño de 2020

#euquedonacasa DÍA MUNDIAL DA BICICLETA E ACHEGAS PARA CELEBRAR O DÍA DO XOGO

HOXE CONMEMORAMOS O ...


E DENDE A BIBLIO.ROSALÍA QUEREMOS INVITAROS A ESCOITAR ESTE CONTO TITULADO: 
"MARTA Y LA BICICLETA"


TAMÉN PODES VER ESTE VIDEO ONDE NOS INDICAN UNHAS NORMAS DE SEGURIDADE VIAL CANDO IMOS EN BICICLETA:


FESTEXADE ESTE DÍA MONTANDO EN BICI!!!

E AGORA DEIXOVOS ESTA PRESENTACIÓN COAS FOTOS ENVIADAS POLOS NENOS E NENAS PARA FESTEXAR O DÍA INTERNACIONAL DO XOGO QUE CONMEMORAMOS A SEMANA PASADA.


GRAZAS


luns, 1 de xuño de 2020

#euquedonacasa CONTADAS dende a casa

VOLTAMOS CUN CONTACONTOS NO RECUNCHO DAS "CONTADAS dende as casas" NESTA OCASIÓN DA MAN DUN DOS COLABORADORES DA BIBLIOTECA E ALUMNO DE 6º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA, RAMÓN PARADA BUENO, QUE NOS CONTA A BIOGRAFÍA DE LOUIS PASTEUR.
AGARDAMOS QUE VOS GUSTE:



ANIMÁDEVOS A MANDAR O VOSO CONTACONTOS, PARA REMATAR O CURSO ESCOLAR CHEOS DE VIDA NO RECUNCHO DAS CONTADAS DA BIBLIO.ROSALÍA.

xoves, 28 de maio de 2020

#euquedonacasa DÍA INTERNACIONAL DO XOGO

Hoxe 28 de maio é o 
 DÍA INTERNACIONAL DO XOGO


Dende a biblio.rosalía queremos celebralo con todos vos.
 A iniciativa do Día Internacional do Xogo naceu dende a Asociación Internacional de Ludotecas (ITLA) no ano 1999. A fundadora deste día é a Dra. Freda  Kim, e se festexa en mais de 40 paises e cada vez sumanse mais. 

Para festexar este
 DÍA INTERNACIONAL DO XOGO, propoñémosvos que sexa unha xornada sostible, creando os vosos propios xoguetes con materiais naturais ou de refugallo.






Tamén podedes achegarvos a web compostela24horas.com (nesta ligazón ou facendo clic na imaxe) e desfrutar das propostas de xogos en liña dende as aulas dos centros socioculturais do concello veciño.


OU XOGAR EN FAMILIA A ESTE XOGO:


Compartide a vosa foto do Día do Xogo connosco enviándonola ao correo da biblioteca.
biblio.rosalia@gmail.com
e crearemos unha montaxe baixo a etiqueta #díadoxogo2020 #orosaliaficanacasa

Queremos saber o ben que o pasades na casa, ou agora que xa podemos, fora (nas rúas, xardíns, praias, xa que aos parques aínda non podemos ir)




mércores, 27 de maio de 2020

#euquedonacasa CONTADAS DENDE A CASA. DÍA NACIONAL DO CELÍACO

Hoxe día 27 de maio, celébrase o
DÍA NACIONAL DO CELÍACO, unha efeméride impulsada pola
FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE CELÍACOS DE ESPAÑA (FACE), co obxectivo de  informar e concienciar á sociedade sobre a enfermidade celíaca, visibilizar, apoiar  e normalizar a vida deste colectivo.


O contacontos de hoxe para o recuncho das CONTADAS dende a casa titúlase: 
"O OSO CELÍACO DE SONIA"
(conto con ilustracións de Pepe Carreiro creado por ACEGA en colaboración con Mercadona e a axencia de edicións Bolanda)

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!




martes, 26 de maio de 2020

#euquedonacasa CONTADAS dende a casa

HOXE VOLVEN A BIBLIO.ROSALÍA, ICIA  CARREIRA MARTÍN (4º EDUC. INFANTIL)ENZO CARREIRA MARTÍN (1º EDUC. PRIMARIA) PARA CONTARNOS UN  CONTO COA SÚA FAMILIA 
NO RECUNCHO DAS 
"CONTADAS dende a casa" 
DA NOSA BIBLIOTECA VIRTUAL.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!


AGORA PODEDES DISFRUTAR DO CONTO MUSICADO EN INGLÉS:

luns, 25 de maio de 2020

#euquedonacasa DÍA DE ÁFRICA

HOXE 25 DE MAIO CONMEMORAMOS:
O DÍA DE ÁFRICA


DENDE A BIBLIO.ROSALÍA QUEREMOS CELEBRAR ESTA DATA CUN CONTACONTOS A CARGO DE BONI OFOGO 
(UN CAMERUNÉS QUE CHEGOU A ESPAÑA E QUEDOUSE PARA CONTARNOS HISTÓRIAS QUE ESCOITABA DE NENO AO SEU PAI NA LINGUA DOS SEUS ANTEPASADOS , O "YAMBASA").

AGARDAMOS QUE VOS GUSTARA ESTE CONTO.

TAMÉN VOS INVITO A ESCOITAR ESTAS CANCIÓNS AFRICANAS QUE NOS ALEGRAN O DÍA E INVITAN A BAILAR:







venres, 22 de maio de 2020

#euquedonacasa LETRAS GALEGAS 2020

REMATAMOS ESTA SEGUNDA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS COA PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS DO RETO 6: COÑECENDO AS NOSAS RAICES, ENTREGADOS POLO NOSO ALUMNADO.


 Moitas grazas pola vosa participación!!!

xoves, 21 de maio de 2020

#euquedonacasa CONTACONTOS DENDE A CASA

HOXE TRAEMOS UN CONTO EN PDF DOS BOLECHAS E RICARDO CARBALLO CALERO.


E HOXE VOLVEN A BIBLIO.ROSALÍA, JIMENA SANDIÁS AUTRÁN (4º EDUC. INFANTIL)E A SÚA NAI, MARÍA AUTRÁN, PARA CONTARNOS UN  CONTO NO RECUNCHO DAS 
"CONTADAS dende a casa" 
DA NOSA BIBLIOTECA VIRTUAL.





E AGORA DEIXOVOS UN CAPÍTULO DA TELEBOLECHAS PARA QUE DISFRUTEDES:









martes, 19 de maio de 2020

SEMANA LETRAS GALEGAS CONTINUAMOS #euquedonacasa

ESTA É UNHA CAROUTA DE RICARDO CARBALLO CALERO QUE PODEDES IMPRIMIR, RECORTAR E EMPREGAR PARA CONMEMORAR ESTA DATA E A ESTE AUTOR.



ADEMAIS DEIXOVOS ESTE VIDEO CON TRES POEMAS DE RICARDO CARBALLO CALERO MUSICADOS POR JOSÉ LUÍS FDEZ CARNIDE:

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE!!!

luns, 18 de maio de 2020

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2 #euquedonacasa

CONTINUAMOS CONMEMORANDO AS LETRAS GALEGAS DENDE A BIBLIO.ROSALÍA, E
 NESTA SEMANA PROPOÑÉMOSVOS XOGAR A ESTES XOGOS DE SCAPE ROOM:

PARA INFANTIL:
CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
(ELABORADO POR ALBA CARRIL, DO CPI DE VEDRA)

PARA PRIMARIA:
O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO
(ELABORADO POR ANUSKI TA XUNTO CON AMÉLIE CARRILA PEQUENA DO CPI DE VEDRA)

AGARDAMOS QUE DESCUBRADES O MISTERIO QUE SE ATOPA NA CASA DE RICARDO CARBALLO CALERO.

E ESTE PARA OS MAIS EXPERTOS:




ADEMAIS HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS E INVITÁMOSVOS A VISITAR O MUSEO DO POBO GALEGO DE MANEIRA VIRTUAL

OU ESTES OUTROS MUSEOS GALEGOS.

TAMÉN VOS DEIXAMOS ESTE VIDEO DO MUSEO DA CIDADE DA CULTURA PARA CELEBRAR ESTE DÍA.



domingo, 17 de maio de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS #euquedonacasa




DENDE A BIBLIO.ROSALÍA QUEREMOS DESEXARVOS UN
FELÍZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS, CONMEMORANDO A CARBALLO CALERO.

Deseños de Juanlu Nacha (esquerda) e AGAL (dereita)
 para homenaxear Carballo Calero neste día da Letras.

DENDE A ASOCIACIÓN A SEMENTE TRASANCOS FIXERON PÚBLICO O PRIMEIRO POEMA QUE RICARDO CARBALLO CALERO ESCRIBIU EN GALEGO, TITULADO "A GALIZA" 


TAMÉN QUERO AGRADECER A TODO O ALUMNADO DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO QUE PARTICIPOU ENVIANDO OS SEUS TREBALLOS PARA FESTEXAR ESTA DATA:
"MICRORRELATOS"








INFORMACIÓN:


PRONTO COLGAREMOS O RESULTADO DO RETO 6: COÑECENDO AS NOSAS RAICES.