DÍA DA ESCRITORA
Ratiños e ratiñas!!
Non esquezades hoxe ollar o traballo das mulleres escritoras na mesa de exposición na nosa biblio.
PROXECTO ANUAL DE CENTRO
Ratiños, ratiñas e toda a comunidade educativa:
Este ano, como proxecto de centro, imos investigar e coñecer un mundo fantástico, cheo de actividades, sorpresas e información interesante que podemos aprender
O CINE!!
Comezamos con actividades de introducción, investigando sobre aspectos interesantes dos que aprender unha morea de cousiñas.
Nas pizarras da aula apareceu unha imaxe e unha morea de interrogantes:
QUE! ACOMPÁÑASNOS A DESCUBRIR E COÑECER COMO XA COMEZARON ESTES COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS?
COMEZA UN NOVO CURSO
Ola ratiños e ratiñas!!
Un curso máis, Leo e Páxina dámosvos a benvida á biblioteca do Rosalía.
Este ano vimos cargados de novidades e actividades para que o pasedes xenial con nós.
Lembrade que comezamos o luns 7 de outubro e xa podedes coller fondos de préstamo.
Agardamosvos a tod@s!!!
FIN DE CURSO E DESPEDIDA
Ratiños e ratiñas lectores e lectoras:
Rematamos un curso máis as andainas da biblioteca do Rosalía coas súas mascotas Leo e Páxina.
Deixámosvos por aqui unas recomendacións de lecturas fresquiñas para o verán, e ademáis non esquezades desfrutar dos xogos, a praia e a piscina, os viaxes e paseos, e as festas.
Moita sorte aos alumnos e alumnas que comezan unha nova etapa, e....
FELIZ VERÁN A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO!!!
Vémonos en setembro con moitas máis ganas de saber e leer!!!
CONTRATO PROGRAMA IGUALA-T
A iniciativa de Contratos-programa Inclúe (CPInclúe) constitúe un instrumento de apoio aos centros para que, dentro da súa autonomía, e en consonancia cos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente cos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero), poidan desenvolver un plan de mellora no que poidan, en función das necesidades detectadas e do seu proxecto educativo, acadar o éxito educativo a través da implementación de programas que promovan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a inclusión, a redución das taxas de abandono escolar temperán, o desenvolvemento da competencia emocional e, en xeral, a mellora do clima escolar de toda a comunidade educativa.
En definitiva, o fin último é lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver o máximo posible as súas potencialidades e, xa que logo, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia. Esta iniciativa consta de 5 actuacións:
A educación é clave para romper coa transmisión dos estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero así como para pór en valor a diversidade afectivo-sexual e de xénero e o respecto a todas as persoas. Os centros educativos desempeñan un importante papel no ámbito da coeducación dende as idades máis temperás, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado, axudándolles a identificar as desigualdades e colaborando na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Desenvolveranse accións que interveñan no fomento da coeducación, isto é, a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes; a prevención, a detección e o tratamento das violencias machistas; e a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e de xenero.
Partindo desto, no noso centro comezamos por unha formación do profesorado para coñecer a maneira de abordar esta temática dende o punto de vista pedagóxico-didáctico máis axeitado.
Tamén promocionamos charlas-coloquio dirixidas as familias e a comunidade educativa en xeral, xa que ademáis foi unha demanda que xurdiu dende o Consello Escolar, elaboradas por profesionais acreditados en materias de igualdade de xénero e afectivo-sexuais.
Finalmente trasladamos ao alumnado todo o aprendido:
Primeiro creando un espazo físico visible no centro que axude a ubicar ao alumnado información, materiais, libros, contos... e calquera cousa que puidera precisar neste senso.
Mercamos tamén novos fondos bibliotecarios para actualizar e mellorar os que xa tiñamos.
Segundo: comezamos a traballar co alumnado a través de:
Charlas de expertos
Entrevistas e debates con persoas do colectivo LGBTIQ+ coa finalidade de coñecer referentes positivos neste senso.
Contacontos, visualización de cortos, imaxes e sesións de debate, diálogo e reflexións co alumnado, tanto en galego como en inglés.
PRESENTACIÓN DE LIBROS
Hoxe mércores 5 de xuño, a rapazada de sexto de infantil asistíu a través de videoconferencia á presentación do libro: "A abelliña que perdeu as ás"do poeta e escritor Ramón Romero Nogueira.
Trátase dunha historia en clave de poesía, contada cun kamishibai, sobre unha pequena abella e os seus despistes.
Despóis conversaron con él sobre animais do bosque galegos, abellas, e ensináronlle os libros que eles escriben tamén.
PROXECTO RIOS
O pasado venres a biblioteca acolleu unha actividade enmarcada dentro do Proxecto Ríos, destinada ao alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria.
Unha científica de Augas de Galicia amosou a rapazada a importancia da auga nas nosas vidas e como coidar este ben tan necesario.
Relacionado cos ríos tentou amosar e concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia de respectar os cauces dos ríos, a utilidade das areas e das pedras que se atopan neles, e falou tamén das inundacións: as causas e consecuencias.
E todo isto a través dunhas actividades moi interesantes e divertidas.